sábado, 14 de febreiro de 2015

A DAMA DO XADREZ



No documental La Dama del Ajedrez, de Agustí Mezquida, deféndese a idea de que o xadrez moderno naceu en Valencia aló polo século XV. A diferenza co que trouxeron os musulmáns foi que incorporaba unha dama, unha peza de vital importancia porque dá moito dinamismo ao xogo, ao tratarse da peza máis potente, en homenaxe a Isabel, a Católica. 

O xadrez arábigo era unha excusa para ligar na Idade Media e, incluso, poder entrar nos aposentos dunha muller. O xogo era moito máis lento, menos dinámico, posto que a peza que ocupaba o lugar que hoxe ocupa a Dama, é dicir, alferza, só podía ir a unha casilla contigua en diagonal. Como resultado, as partidas eran moi longas e se ían mezclando con bailes e conversacións. De feito, o máis frecuente era non xogar unha partida enteira, senón que se partía dunha posición determinada que obligaba ao contrincante a buscar unha nova combinación como resposta. 

Así se explican os 64 poemas (un por cada casilla do taboeiro) Schachs d'Amor (xadrez amoroso), publicados en 1475 por Castellví, Fenollar e Vignoles, nos que xa se entrevé que algúns intelectuales valencianos están cavilando a introdución dunha potente figura feminina que de maior dinamismo ao xogo. 

Agora ben, a incorporación da Dama como peza moi poderosa tivo importantes consecuencias sociolóxicas. A nova versión do xadrez era un xogo de guerra e estratexia, moi dinámico, que requería moita concentración; polo tanto, gañar e ligar durante a partida eran pouco compatibles. Desta situación acabou derivando unha masculinización no tocante aos practicantes do xadrez. 

Ademais, decidiuse que cando o peón chegaba á última fila podía transformarse en dama; é dicir, un home se transformaba nunha muller, algo inaceptable para o catolicismo da época. Pero a paixón que despertou o novo xadrez era demasiado grande para verse freado. Os italianos atoparon a solución, o pedone pasou a chamarse pedona e asunto resolto. 

Tamén resulta interesante a testemuña que nos deixa no Libro de Xadrez, dados e tablas, escrito por Alfonso X O Sabio en 1283. O rei destaca que o xadrez era unha magnífica ferramenta para a boa convivencia de musulmáns, xudeos e cristiáns. 

O libro que probablemente demostraría que o nacemento do xadrez moderno tivo lugar en Valencia desapareceu. Trataríase do Llibre dels jochs partits dels schachs en nombre de 100, publicado por Francesch Vicent en 1495. Sábese que un exemplar perdeuse tras o asalto das tropas napoleónicas á abadía de Monstserrat, en 1811. Convocouse o Premio Internacional Von der Lasa, dotado con 18.000 euros, a quen atope algún. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario