domingo, 25 de xaneiro de 2015

DE CAMIÑO Á ESCOLA

Camiño á escola é un documental que narra a historia real de catro nenos e nenas -Jackson (Kenia), Carlitos (Arxentina), Zahira -Marrocos- e Samuel -India- que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos ata chegar á escola. 

Estes nenos e nenas viven en lugares moi distantes do planeta pero comparten as mesmas gañas de aprender e son conscientes de que só a educación lles abrirá as portas dun futuro mellor. 

mércores, 21 de xaneiro de 2015

O DESXEO DO ÁRTICO

A superficie do océano Ártico cuberta polo xeo de forma permanente (a masa xeada que non se funde durante o verán) estase reducindo de forma constante desde a década de 1980, segundo confirman os datos actualizados esta semana polo servizo Climate.gov da Administración Oceánica e Atmosférica dos Estados Unidos (National Oceanic and Atmospheric Administration, NOAA). 

Que acontecería se o Ártico se desxea? Que consecuencias terá para España? Que consecuencias ten non actuar contra o cambio climático? Para responder a estes interrogantes Greenpeace publicou o informe España, cara un clima extremo. Mediante unha simulación móstrase o que podería acontecer nas costas españolas de non actuar contra o cambio climático. 

venres, 2 de xaneiro de 2015

A CIDADE SOTERRADA MÁIS ANTIGA


Unha gran cidade soterrada, duns 5.000 anos de antigüidade, descoberta recentemente na rexión turca de Capadocia, pode ser a urbe construída baixo terra máis grande do mundo. A cidade ten uns sete kilómetros de túneles, lugares de culto e galerías.

Na mesma provincia de Nevsehir xa é coñecida outra cidade suberránea, Derinkuyu onde se calcula que residiron unhas 20.000 persoas. Conta con once niveis de profundidade, 600 entradas e numerosos túneles que a conectan co exterior, así como establos para o gando, pozos, tanques de auga, cociñas, canais de ventilación, baños e tumbas. 

A REVOLTA IRMANDIÑA


O movemento irmandiño foi un dos grandes eventos históricos da Historia de Galicia. Labregos e pequenos burgueses das cidades agrupados en Irmandades deciden poñer coto aos abusos da nobreza co apoio implícito do Rei Enrique IV.

Os Irmandiños chegaron a controlar o territorio galego durante dous anos, derrubaron perto de cento cincuenta castelos da nobreza.

En 1469 unha alianza da nobreza consegue aplastar a revolta irmandiña, e os seus líderes axusticiados.


DE SERVOS A FOREIROS


O foro é un contrato agrario de longa duración (dúas ou tres xeneracións) polo cal unha terra era cedida para a súa explotación a cambio de pagar un canon ou renda anual, que soía ser en especie. O foro en Galicia perviviu, desde a Idade Media, ata 1926. 

SANTIAGO, UNHA VIAXE INICIÁTICA




Os camiños de Compostela, o descobremento do sepulcro do Apóstolo baixo un ceo estrelado (Campus stellae) e a importancia do Camiño como vía de entrada de novas correntes culturais (artísticas, literarias, ...) e comercial e económica. O camiño de Santiago comunicaba á Finis Terrae con Europa. 





Xelmírez, o gran señor feudal de Compostela. Bispo de Santiago de Compostela e señor feudal con amplos territorios baixo o seu control. O século XII foi a época máis importante para Galicia durante a Idade Media, foi coñecida como era Compostelá. 





A catedral de Santiago de Compostela como a gran obra do románico na península Ibérica. O pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, como culmen da obra catedralicia.