martes, 14 de abril de 2015

#BRINGBACKOURGIRLS



Un ano despois do secuestro masivo de máis de 200 nenas polo grupo yihadista de Boko Haram en Chibok (Nixeria) seguimos sen saber nada das rapazas. Despois do asalto á escola, só se viu as rapazas unha vez máis a través dun vídeo difundido polo grupo terrorista, que anunciaba que ía vendelas como esposas en diferentes países africanos (Nixeria, Chad, Níxer, Camerún e a República Centroafricana).

Non podemos esquecelas, non podemos esquecer esta barbarie, seguimos pedindo que as nenas volten ás súas casa, á súa vida, á esperanza dun futuro.

luns, 6 de abril de 2015

POMPEIA, A VILA DOS MISTERIOS

Vila dos Misterios, unha das máis visitadas de Pompeya, é coñecida pola súa grandeza e, sobre todo, pola beleza das pinturas que acolle, con esceas aos "misterios" do deus Baco e mundo femininio. O seu nome deriva precisamente do ciclo de frescos do triclinio (comedor). O ciclo de pinturas está relacionado cun rito iniciático. Segundo os expertos podería ser a preparación dunha moza ao matrimonio. Outros pensas que se trata dun rito onde cada escea alude á vida do deus e á revelación do símbolo rexenedor da vida. A escea enfoca a unha parella divina colocada no centro da parede do fondo, na que aparecen Dionisio e Ariadna. Mentres as esceas das paredes lateriais céntranse en dous temas relacionados entre eles: por unha parte, o mundo de Dionisio e a iniciación aos seus Misterios. Pola outra, a preparación dunha moza para a súa voda. 

A Vila dos Misterios foi construída no século II a.C e sepultada pola erupción do Vesubio no 79 d.C. Esta vila pertencía aos Istacidii, unha familia acomodada e hábil para explotar as posesións agrícolas que dispoñían arredor da súa residencia, cuns 2.500 metros cadrados. 


A área arqueolóxica sufriu nos últimos tempos múltiples derrumbes, folgas de persoal e incluso furtos, polos que se chegou fa falar de que Pompeia sufre na actualidade unha "segunda destrución". 




MUSEO EXIPCIO TURÍN

O Museo Exipcio de Turín é, tralo Museo Exipcio do Cairo, o máis importante do mundo adicado ao Antigo Exipcio. Reabriu o 1 de abril tras varios anos de reformas. Entre as novidades está a Galería dos Sarcófagos ou a nova sala, montada polo escenógrafo Dante Ferreti, con estatuas monumentais. Así como, recreacións da tumba de Nefertario ou a capela de Maia, descubertas por Ernesto Schiaparelli, un dos primeiros directores do museo, a comezos do século XX.