domingo, 17 de maio de 2015

DEUSES EXIPCIOS

A relixión exipcia era politeísta, é dicir, crían en numerosos deuses que representaban mesturando trazos humanos e animais. 

No Antigo Exipto houbo máis de setecentos deuses e deusas. Algunhas divinidades foron creadas fusionando as características de varios deuses. Para os exipcios, o ka dos deuses residía na Terra, nas imaxes dos seus templos, e había que veneralas. Para iso, bailaban, cantaban, rogábanlles e levábanlles ofrendas de obxectos valiosos e alimentos. 

Durante máis dos tres mil anos da historia do Antigo Exipto, a relixión apenas evolucionou. Porén, nalgúns períodos, certos deuses volvéronse máis importantes, mentres que outros pasaron a un segundo plano. Akenatón (faraón exipcio, esposo da coñecida Nefertiti) impuxo, durante o seu reinado, un culto monoteísta centrado na veneración do disco solar: Atón. 

Os deuses máis importantes do Imperio Novo foron: Ptah, Amón e Ra. 





xoves, 7 de maio de 2015

MITOLOXÍA


mitoloxía é o conxunto de mitos ou historias dun pobo ou dunha cultura, a través dos cales preténdese explicar a orixe do mundo, das forzas da natureza e a creación do ser humano. A mitoloxía clásica é o conxunto de lendas ou mitos gregos (e romanos). 










Na arte occidental a mitoloxía clásica é unha fonte moi importante de inspiración, desde a cerámica grega ata obras de arte actuais. 




A Ilíada, (Aiax e Aquiles na Guerra de Troia)







Os doce traballos de Hércules  (Os bois de Xeríones)






Mirar un cadro: explicación da obra de Velázquez A forxa de Vulcano







Teseo e Ariadna  (Ariadna abandoada na illa de Naxos) 



O LIBRO DOS MORTOS

Libro dos Mortos demostra que os exipcios crían nun “Xuízo Final” e que a vida do ser humano no máis alá dependía da vida que levaría sobre esta terra. O Ka daqueles que foran xustos nesta vida entrarían na vida eterna. Os que eran xuzgados como malos, eran lanzados á deusa Amémet, a “tragoa”, aue foi representada coa parte posterior de hipopótamo, a parte anterior de león e coa cabeza de cocodrilo.

Os Tasadores de Osiris, incorruptos, estritamente xustos e imparciais, pesaban o corazón dos homes da “Gran Balanza” da verdade e a decisión final de Osiris concordaba coa opinión de Thot, personificación da xustiza eterna e Maat, a verdade.

O peso dos corazóns na balanza era moi importante e sempre se incluía unha viñeta da escea do Xuízo nos papiros onde estaba escrito o Libro dos Mortos. O obxecto deste libro era permitir ao difunto salvar os perigos que se lle presentaban despois da morte, instruíndolo nas palabras que lle permitían ingresar aos diversos estados do inframundo e aseguráballe a protección dos deuses.

O carácter práctico dos exipcios determinou que moitos fosen prefabricados, é dicir, non eran elaborados por encargo para unha persoa concreta, senón que se deixaba un espazo en branco para enchelo posteriormente co nome da persoa que o mercaba.


martes, 14 de abril de 2015

#BRINGBACKOURGIRLS



Un ano despois do secuestro masivo de máis de 200 nenas polo grupo yihadista de Boko Haram en Chibok (Nixeria) seguimos sen saber nada das rapazas. Despois do asalto á escola, só se viu as rapazas unha vez máis a través dun vídeo difundido polo grupo terrorista, que anunciaba que ía vendelas como esposas en diferentes países africanos (Nixeria, Chad, Níxer, Camerún e a República Centroafricana).

Non podemos esquecelas, non podemos esquecer esta barbarie, seguimos pedindo que as nenas volten ás súas casa, á súa vida, á esperanza dun futuro.

luns, 6 de abril de 2015

POMPEIA, A VILA DOS MISTERIOS

Vila dos Misterios, unha das máis visitadas de Pompeya, é coñecida pola súa grandeza e, sobre todo, pola beleza das pinturas que acolle, con esceas aos "misterios" do deus Baco e mundo femininio. O seu nome deriva precisamente do ciclo de frescos do triclinio (comedor). O ciclo de pinturas está relacionado cun rito iniciático. Segundo os expertos podería ser a preparación dunha moza ao matrimonio. Outros pensas que se trata dun rito onde cada escea alude á vida do deus e á revelación do símbolo rexenedor da vida. A escea enfoca a unha parella divina colocada no centro da parede do fondo, na que aparecen Dionisio e Ariadna. Mentres as esceas das paredes lateriais céntranse en dous temas relacionados entre eles: por unha parte, o mundo de Dionisio e a iniciación aos seus Misterios. Pola outra, a preparación dunha moza para a súa voda. 

A Vila dos Misterios foi construída no século II a.C e sepultada pola erupción do Vesubio no 79 d.C. Esta vila pertencía aos Istacidii, unha familia acomodada e hábil para explotar as posesións agrícolas que dispoñían arredor da súa residencia, cuns 2.500 metros cadrados. 


A área arqueolóxica sufriu nos últimos tempos múltiples derrumbes, folgas de persoal e incluso furtos, polos que se chegou fa falar de que Pompeia sufre na actualidade unha "segunda destrución". 




MUSEO EXIPCIO TURÍN

O Museo Exipcio de Turín é, tralo Museo Exipcio do Cairo, o máis importante do mundo adicado ao Antigo Exipcio. Reabriu o 1 de abril tras varios anos de reformas. Entre as novidades está a Galería dos Sarcófagos ou a nova sala, montada polo escenógrafo Dante Ferreti, con estatuas monumentais. Así como, recreacións da tumba de Nefertario ou a capela de Maia, descubertas por Ernesto Schiaparelli, un dos primeiros directores do museo, a comezos do século XX. 




domingo, 22 de marzo de 2015

O RETO AMBIENTAL

CONCEPTOS DE MEDIO AMBIENTE 

MAREAS NEGRAS EN GALICIA




EFECTOS DUNHA MAREA NEGRA: CONSECUENCIAS AMBIENTAIS E PARA O SER HUMANO. 

PRESTIGE NA PRENSA: CRÓNICA DUN DESASTRE 



PRESTIGE, OUTRO PRESTIGE PODE SER POSIBLE (INFORME GREENPEACE)

CEMITERIO NUCLEAR FOSA ATLÁNTICA



EFECTO INVERNADOIRO



QUENCEMENTO GLOBAL



DESXEO DO ÁRTICO





EFECTOS DO DESXEO E A SUBIDA DO NIVEL DO MAR EN ESPAÑA

CHOIVA ÁCIDA E A BRUMA FOTOQUÍMICA OU SMOG



CHOIVA ÁCIDA EN GALICIA

O FURADO DA CAPA DE OZONO 

EXPLICACIÓN SINXELA DO FURADO DA CAPA DE OZONO 

PREGUNTAS SOBRE A CAPA DE OZONO 

A NASA SIMULA AS CONSECUENCIAS DUN MUNDO SEN CAPA DE OZONO

USO OU ABUSO DA AUGA 

DESERTIZACIÓN E DEFORESTACIÓN 

ANIMACIÓN DESERTIZACIÓN 

A DEFORESTACIÓN DO AMAZONAS 



 INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA





GALICIA, A NOSA TERRA

Xeografía física de Galicia from xosea


MAPAS INTERACTIVOS RELEVO DE GALICIA 

MAPAS INTERACTIVOS RÍOS DE GALICIA

MAPAS INTERACTIVOS COSTAS DE GALICIA 

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 


SERRA DO INVERNADOIRO



SERRA DO XURÉS E MILIARIOS DA VÍA NOVA




SERRA DA CAPELADA (A CORUÑA) 




ANCARES E AS PALLOZAS (LUGO) 




COUREL (LUGO)



PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO (OURENSE)





CANÓNS DO SIL 



RÍO XALLAS, ÉZARO (DUMBRÍA) 


PRAIA DAS CATEDRAIS 


LAGOA DONIÑOS



LAGOA DA FROUXEIRA (VALDOVIÑO)



LAGOAS DE COSPEITO 



DUNAS CORRUBEDO 



FRAGAS EUME 






MONTE ALOIA 



SERRA DA ENCIÑA DE LASTRA


SOUTO 



CABO FISTERRA



CABO PUNTA ESTACA DE BARES 



O MIÑO EN FONMIÑÁ



ESTEIRO DO MIÑO