luns, 4 de febreiro de 2013

Leonardo e o seu "ornitóptero"



Leonardo da Vinci foi un xenio e anticipouse ao seu tempo creando inventos como o "ornitóptero", que, para que vos fagades unha idea era algo semellante a un morcego xigante, que lle permitiría ao ser humano voar. A comezos do século XVI, Leonardo da Vinci deixaba escrito no seu diario que o home, algún día, chegaría a voar. Pero, de onde sacou a idea? Este afán por voar como un paxaro tampouco era nada novo, podemos recordar o mito de Dédalo e Ícaro na mitoloxía clásica. Pero parece ser, que Leonardo comezou a artellar a idea observando o voo dun voitre cando ía de camiño desde Florencia a Fiesole. Desde ese momento, non abandoou a idea de diseñar algo que permitise voar ao home. Leonardo construeu un artiluxio con ás de tea semellantes as dun morcego e chamouno "ornitóptero". Unha vez rematado, el e os seus asistentes trasladaron o artefacto a un monte un día de lixeira brisa. Leonardo non as debía ter todas consigo porque non foi el o que provou o artefacto. Un dos seus asistentes foi o "elexido" e, iso si, despois de voar un anaco, caeu en picado e rompeu unha perna. No seu voo de 19,3 segundos, o ornitóptero percorreu unha distancia de 145 metros, a unha velocidade de 25,6 km/h. E por que este dato? Pois o voo dos irmáns Wright en 1903 durou 12 segundos e percorreu uns 37 metros. Co cal, o ornitóptero non o fixo tan mal.