xoves, 4 de decembro de 2014

O MAR QUE DESAPARECE


O mar de Aral sécase. As imaxes tomadas polos satélites ao longo dos últimos anos confírmano. O que fora considerado un dos lagos máis grandes do mundo leva medio século secándose e en 2014 estará prácticamente desaparecido.

Privado das augas dos ríos Amou-Daria e Syr-Daria, desviados para regar as zonas desérticas dos arredores e transformalas en terras cultivables, o lago secouse rapidamente. Desde o ano 2000, a súa superficie tense reducido á metade.

As consecuencias son importantes: a auga, cada vez máis salgada, contaminouse considerablemente, e os residuos no fondo do lago que agora quedan ao aire, voan e exténdense polos campos. Ademais, a temperatura da zona aumenta en verán e baixa en inverno de forma máis extrema ao faltar esa reserva de auga que servía como regulador, como termostato.


Como explicou a NASA, creouse unha presa no ano 2005 como derradeiro esforzo para preservar o norte do Mar de Aral, pero condenouse á extinción á parte sur. 




#MISION45



16 activisas e un fotoperiodista independiente expóñense a case tres anos de cárcere por unha unha acción pacífica na central nuclear de Cofrentes (Valencia) nun xuízo que comeza mañá en Valencia. 

O barco Arctic Sunrise, símbolo do activismo pacífico, está na cidade do Turia para mostrar o seu apoio aos 17 encausados. 

Durante a fin de semana terán lugar actividades baixo o lema #Mision 45, o dereito de defender o medio ambiente, coincidindo coas celebracións do Día da Constitución. 

A un día de que comece o xuízo máis duro ao que se enfronta Greenpeace nos seus 30 anos de presenza en España, a organización quere mostrar o seu total apoio aos 16 activistas e un fotoperiodista independente que se expoñen a dous anos e oito meses de cárcere por unha protesta pacífica realizada en febreiro de 2011 na que se pintou "PERIGO NUCLEAR" sobre unha das torres de refrixeración da central nuclear de Cofrentes. Ademais da cuantiosa multa a que o grupo ecoloxista tería que afrontar. 

O director da organización, Marío Rodríguez, recordou que Greenpeace leva 30 anos de activismo pacífico en España defendendo o medio ambiente, un dereito e un deber que recolle a Constitución no artigo 45. É xusto e proporcionado que por pintar "perigo nuclear" nunha torre de refrixeración en Cofrentes, 16 activistas e un fotoperiodista podan acabar no cárcere? Non pode saír máis caro defender o medio ambiente que destruílo, subraiaba Rodríguez a bordo do Arctic Sunrise. 

Apoiémolos!!! 


mércores, 3 de decembro de 2014

O AIRE DAS CIDADES FAINOS MÁIS LIBRES

De cidades amuralladas, de gremios e do nacemento da burguesía vai este vídeo:

A PARROQUIA

A parroquia ten xogado un papel fundamental na organización do espazo e a vida cotiá no mundo rural galego. a poboación galega do rural ten un sentimento máis forte de pertenza á parroquia que ao municipio correspondente, en boa parte debido ao noso poboamento disperso. Por esta razón, a parroquia, máis que un mero territorio de administración relixiosa, como sucede noutras zonas, constituíu en Galicia un dos focos principais da vida socioeconómica das comunidades rurais. A pertenza á parroquia conleva en Galicia unha serie de vínculos inmateriais compartidos polos veciños de varios lugares: un sentimento de comunidade, lazos de solidariedade mutua e cooperación agraria, festas e tradicións comúns.

Pero de onde vén a parroquia? 


O parroquial suevo, tamén coñecido como división de Teodomiro é un documento redactado na segunda metade do século VI no que se recolle a organización administrativa eclesiástica do reino suevo.



O texto comeza cun preámbulo no que se reproduce unha carta dirixida polo rei Teodomiro aos bispos reunidos no concilio de Lugo no ano 569, na que se expón a necesidade de  reorganizar a igrexa sueva, creando novas dioceses e elevando a de Lugo a metropolina, a continuación contén unha relación das 13 dioceses existentes na Gallaecia naquela época (Braga, Oporto, Lamego, Coímbra, Viseu, Dumio, Egitania, Lugo, Ourense, Astorga, Iria, Tui, e Britonia) e as parroquias correspondentes. 

AS PRIMEIRAS INVASIÓNS

ANNA FREUD


Google adica o Doodle de hoxe ao aniversario 119 do nacemento de Anna Freud, a filla máis pequena dos seis fillos de Sigmunf Freud, o pai da psicoanálise. Anna foi a única que continuou co camiño da psicoanálise, centrándose na psicoanálise infantil.

Anna comezou as súas prácticas como profesora en Viena, Austria, en 1920, cando tiña 25 anos, e en tres anos logrou desenvolver o seu propio método de análise. Durante este período demostrou que é durante a infancia cando se asentan as bases do desenvolvemento mental da persoa.

En 1935 foi directora do Instituto de Formación Psicoanalítica de Viena, pero en 1938 tivo que exiliarse en Londres debido á ocupación Nazi. Foi alí onde fundou a Hampstead Child Therapy Course and Clinic, un centro para formar especialistas en materia de coñecemento sobre o comportamento de menores. A escola foi rebautizada como Anna Freud Centre (Centro Anna Freud) despois da súa morte en 1982.

mércores, 26 de novembro de 2014

1348, ANNUS HORRIBILIS





O triunfo da morte de Pieter Brueghel ilustra os efectos da peste negra sobre a poboación europea.

O ano 1348 trouxo a coñecida como peste negra a Europa. 

Le o texto da seguinte páxina web e contesta: 

a) Que explicacións sobrenaturais se lle aplicaron á peste negra? 

b) Por que foi tan rápida a súa propagación e os seus efectos tan dramáticos? 

c) Observa as imaxes e sinala as características da peste negra que reflicten. 

Imos ao seguinte enlace para facer unhas actividades interactivas sobre a Peste Negra. 

Un médico da peste negra era aquel que se adicaba especificamente aos doentes do mal denominado peste negra ou bubónica. Eran contratados por aqueles pobos onde había moitas vítimas en tempos de epidemia. Nos séculos XVII e XVIII, algúns doutores empregaban máscaras que semellaban picos de aves con herbas aromáticas. As máscaras eran diseñadas para evitar o aire podre, o cal era entendido como o mal que causaba a enfermidade. 

SON DE MULLER


Para combater o antisemitismo non fai falla ser xudeo, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Ás veces parece que para combater a discriminación da muller fai falla ser muller. 

                                                                                                          Soledad Gallego-Díaz. 

domingo, 23 de novembro de 2014

TAPIZ DE BAYEUX


O Tapiz de Bayeux, tamén coñecido como tapiz da raíña Matilde, é un gran lenzo bordado, que relata os feitos acontecidos entre 1064 e 1066, cando ten lugar a conquista de Inglaterra polos normandos e o transcurso da decisiva batalla de Hastings (1066). Ten unhas grandes dimensións: 68,8 metros de longo, 50 centímetros de altura e un peso duns 350 kg. 

A tradición francesa atribúe á peza á raíña Matilda, esposa de Guillerme o Conquistador, 
 a as súas serventas, de aí o sobrenome de "Tapiz da raíña Matilda". A hipótese historiográfica máis aceptada é que foi realizado por mandato de Odón, arzobispo de Bayeux e medio irmán de Guillerme para servir de decoración á catedral de Bayeux o día da súa consagración, o 14 de xullo de 1077. 

O relato comeza en 1064 cando o rei Eduardo de Inglaterra, sen herdeiro directo, envía ao seu cuñado Harold o Saxón a Francia para que ofreza a coroa ao seu curmán, Guillerme de Normandía. Malia xurar fidelidade a Guillermo, Harold faise coa coroa ao seu regreso a Inglaterra, debido á morte de Eduardo o 5 de xaneiro de 1066. Guillerme prepara durante varios meses unha gran armada e desembarca co seu exército en Sussex, derrotando e dando morte a Harold e as súas tropas nos campos de Hastings.

Contén 58 esceas que retratan con cuidado e detalle a chegada ao trono de Guillerme I de Inglaterra. Un exemplo é a presencia dunha das primeiras representacións artísticas do cometa Halley que foi visible no ceo de Inglaterra entre o 24 e 30 de abril de 1066 e foi interpreta como un mal agoiro na coroación do rei Harold II de Inglaterra. 

A sección final do tapiz, que mostraba a rendición dos saxóns en Berkhamsted e a coroación  do rei Guillerme en Westminster, perdeuse. 





E SE CHOVE QUE CHOVA


O CICLO DA AUGA




POR QUE CHOVE? Observamos este flash para dar resposta a por que chove e cales son os tipos de precipitacións que se poden dar en función da súa orixe.





As precipitacións orográficas ou o EFECTO FOEHN



mércores, 19 de novembro de 2014

A TEMPERATURA NO PLANETA



Sabemos que hai varios factores que inflúen no tipo de clima e, concretamente, na temperatura, que podemos atopar nunha determinada rexión.


A latitude, que determina a intensidade coa que os raios solares quentan a superficie terrestre, de xeito que na zona intertropical falamos de zona cálida.


A proximidade ao mar que actúa como regular térmico e suaviza a oscilación de temperatura, xa que demora máis tempo que a terra en quentarse a arrefríar.

A altitude sobre o nivel do mar, posto que a temperatura diminúe a razón de 0,6 ºC cada 100 m de altitude. Parece que nas montañas debería ir máis calor que nas chairas xa que reciben antes as radiacións solares. Así e todo, sabemos que, segundo se vai ascendendo unha montaña a temperatura diminúe. Isto é debido a que, coa altitude, as capas do aire son menos densas e non son capaces de reter a calor

Por outra banda, a atmosfera non se quenta de arriba-abaixo, senón de abaixo-arriba. É dicir, cando os raios solares entran na atmosfera un 30% da súa enerxía é reflexada (rebota cara o espazo), un 19% é absorvida pola atmosfera, e un 51% chega á Terra. A Terra recibe unha cantidade importante de enerxía, quéntase, e, á súa vez, quenta as primeiras capas de aire en contacto co chan. Por iso, a atmosfera quéntase de abaixo cara arriba.

Vaiamos a esta animación onde un meteorólogo está a punto de lanzar unha sonda meterolóxica cun termómetro para calcular a variación de temperatura coa altitude.

As correntes mariñas son como grandes ríos que descorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das corentes e a do resto do mar non se mestura porque son moi distintas en aspectos como a temperatura, a densidade e mais a salinidade. Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se é inferior, fría. 

Orixinadas pola rotación do planeta, a radiación solar e a circulación xeral atmosférica, as diferenzas de temperaturas, densidade e salinidade, xeran movementos de convección na masa de auga que cobre o planeta, chamados circulación termohalina.


As correntes mariñas tamén xogan un papel fundamental na distribución climática, pois exercen de repartidoras de calor por todo o planeta. A auga cálida é levada desde latitudes tropicais cara á latitudes máis altas (zonas polares), e a auga fría é desprazada cara aos trópicos. 


As correntes mariñas modifican o clima das costas porque as quentan ou as arrefrían. As costas, bañadas por unha corrente fría adoitan ser moi áridas porque a auga fría non se evapora e, polo tanto, o aire é seco. As costas que reciben correntes cálidas adoitan verse libres de xeo e a chuvia acostuma a ser máis abundante. 


CLIMAS E CLIMOGRAMAS

ANIMACIÓN: AS VARIABLES METEREOLÓXICAS

CLIMAS DO MUNDO

ANIMACIÓNS SOBRE OS CLIMAS DO MUNDO

XOGO LOCALIZACIÓN CLIMAS DO MUNDO 

ENLACE PARA TRABALLAR OS CLIMAS NO NOSO PLANETA 

POLOS FRÍOS, TRÓPICOS QUENTES 

VÍDEOS AS PAISAXES NATURAIS

TRABALLANDO COS CLIMOGRAMAS E PROCEDEMENTOS PARA ELABORAR UN CLIMOGRAMA 

O CLIMOGRAMA CON LIBREOFFICE CALC

CLIMOGRAMA DE VIGO

CLIMOGRAMA DE OURENSE

OS MAPAS DO TEMPO  E A SÚA INTERPRETACIÓN

XOGO MAPA DO TEMPO 

FURACÁNS

MONZÓNS



EFECTO INVERNADOIRO 

QUENTAMENTO GLOBAL 

A SEQUÍA EN CALIFORNIA



TIPOS DE NUBES

ANTICLICLÓNS E BORRASCAS 

FRONTE FRÍA E FRONTE CÁLIDA


CANTOS ERAN OS REIS MAGOS?



Hoxe os meus alumnos e alumnas de 2º ESO ao comentar a imaxe de Santa María de Tahull (Lleida) preguntábanme por que Baltasar non eran negro. 

Cantos eran os Reis Magos? Quenes eran? Como eran? As fontes escritas sobre as que se basou a iconografía destes personaxes non coincidían en número, porque o Evanxelio de San Mateo, o único que conta a adoración dos Reis (Epifanía), non dicía nada de cantos foron. Podían ser dous, catro ou hasta doce.

Por que se optou por tres? Os tres agasallos (ouro, incenso e mirra) que ofreceron a Xesús levaron a pensar que foron tres os Magos de Oriente, así como tres eran as partes do mundo que se coñecían na Idade Media: Asia, África e Europa, de forma que se correspondía coas tres razas do xénero humano das que fala a Biblia, descendentes de Sem, Cam e Jafet, os fillos de Noé. Pero, o feito de que as autoridades relixiosas acabaran fixando o seu número en tres foi relacionado co misterio da Santísima Trinidade. Pero ata entón, esta indefinición levou, por exemplo, a que despois do descubremento de América se representara nalgunha ocasión a un cuarto rei, un rei das Indias Occidentais, para personificar o cuarto continente recén descuberto.

Cando pasa a representarse Baltassar coa pel de cor negra? Pois cara finais do Gótico. Esta proposta tivo a súa orixe en Alemania, a comezos do século XV, e acadou gran difusión en toda Europa na segunda metade da centuria. E de aí, ata os nosos días.

XOGOS MEDIEVAIS



En Galicia conservánse uns 60 taboeiros deste tipo documentados. Eran xogos lúdicos de estratexia militar. Están tallados na pedra e os máis antigos pertencen a épocas da romanización. Son as tabula latruncularia, para xogar ao latrunculi, un xogo similar ás damas aos que xogaban os romanos.

Podemos atopalos en rochas próximas ás pontes, preto de muíños de auga, en lugares onde no seu día estivo unha fortificación, ou, tamén en lugares relixiosos, como a Catedral de Tui ou a de Ourense, onde se atoparon seis taboeiros de época medieval. Cinco vense sobre a bancada ancorada ao muro da nave lateral sur, aos pés do templo. Ademais dun taboeiro para o xogo do latrunculi, hai outros para o alquerque de doce e de nove. A súa localización na catedral fainos pensar que os xogos realizábanse a escondidas das autoridades relixiosas quizais pola súa prohibición, isto fáinolo pensar por estar situados o máis lonxe posible da zona de culto. Na provincia de Ourense hai outros xogos similares na igrexa de Touza (Taboadela), no santuario de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz) ou na igrexa de Beade.

mércores, 12 de novembro de 2014

A HORA NO MUNDO

OS FUSOS HORARIOS 

QUE É HORA É NO MUNDO? 

EXERCICIOS INTERACTIVOS FUSOS HORARIOS 

CARTOGRAFÍA



A TERRA E A SÚA REPRESENTACIÓN: CONCEPTOS DE CARTOGRAFÍA 



A TERRA, O NOSO PLANETA

ENLACES QUE PODEMOS CONSULTAR PARA COÑECER MELLOR O NOSO PLANETA:

REPASAMOS O QUE XA SABEMOS DOUTROS ANOS 

A TERRA NO UNIVERSO

O SISTEMA SOLAR 

ANIMACIÓN A TERRA E A SÚA LOCALIZACIÓN 

OS MOVEMENTOS DA TERRA 

EXPLICACIÓN SINXELA DA CONSECUENCIA DO MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN: AS ESTACIÓNS 

CANDO AS LIÑAS IMAXINARIAS SE NOS RESISTEN 

EXPLICACIÓN COORDENADAS XEOGRÁFICAS 

EXERCICIOS INTERACTIVOS UNIDADE 1 e UNIDADE 2 

EXERCICIOS INTERACTIVOS COORDENADAS XEOGRÁFICAS 

A REPRESENTACIÓN DA TERRA 

O MAPA TOPOGRÁFICO 

AS CAPAS DA TERRA

CONTINENTES E OCÉANOS 

CONTINENTES E OCÉANOS II

ANIMACIÓN TECTÓNICA DE PLACAS

TECTÓNICA DE PLACAS

ESTRUTURA DA TERRA E TECTÓNICA DE PLACAS

TECTÓNICA DE PLACAS 

O RELEVO DA TERRA  

XOGO INTERACTIVO AS FORMAS DO RELEVO 

COMO SE MODIFICA O RELEVO DA TERRA? 

VOLCÁNS 

TERREMOTOS 

O BAILE DOS OCÉANOS