xoves, 4 de decembro de 2014

O MAR QUE DESAPARECE


O mar de Aral sécase. As imaxes tomadas polos satélites ao longo dos últimos anos confírmano. O que fora considerado un dos lagos máis grandes do mundo leva medio século secándose e en 2014 estará prácticamente desaparecido.

Privado das augas dos ríos Amou-Daria e Syr-Daria, desviados para regar as zonas desérticas dos arredores e transformalas en terras cultivables, o lago secouse rapidamente. Desde o ano 2000, a súa superficie tense reducido á metade.

As consecuencias son importantes: a auga, cada vez máis salgada, contaminouse considerablemente, e os residuos no fondo do lago que agora quedan ao aire, voan e exténdense polos campos. Ademais, a temperatura da zona aumenta en verán e baixa en inverno de forma máis extrema ao faltar esa reserva de auga que servía como regulador, como termostato.


Como explicou a NASA, creouse unha presa no ano 2005 como derradeiro esforzo para preservar o norte do Mar de Aral, pero condenouse á extinción á parte sur. 




#MISION45



16 activisas e un fotoperiodista independiente expóñense a case tres anos de cárcere por unha unha acción pacífica na central nuclear de Cofrentes (Valencia) nun xuízo que comeza mañá en Valencia. 

O barco Arctic Sunrise, símbolo do activismo pacífico, está na cidade do Turia para mostrar o seu apoio aos 17 encausados. 

Durante a fin de semana terán lugar actividades baixo o lema #Mision 45, o dereito de defender o medio ambiente, coincidindo coas celebracións do Día da Constitución. 

A un día de que comece o xuízo máis duro ao que se enfronta Greenpeace nos seus 30 anos de presenza en España, a organización quere mostrar o seu total apoio aos 16 activistas e un fotoperiodista independente que se expoñen a dous anos e oito meses de cárcere por unha protesta pacífica realizada en febreiro de 2011 na que se pintou "PERIGO NUCLEAR" sobre unha das torres de refrixeración da central nuclear de Cofrentes. Ademais da cuantiosa multa a que o grupo ecoloxista tería que afrontar. 

O director da organización, Marío Rodríguez, recordou que Greenpeace leva 30 anos de activismo pacífico en España defendendo o medio ambiente, un dereito e un deber que recolle a Constitución no artigo 45. É xusto e proporcionado que por pintar "perigo nuclear" nunha torre de refrixeración en Cofrentes, 16 activistas e un fotoperiodista podan acabar no cárcere? Non pode saír máis caro defender o medio ambiente que destruílo, subraiaba Rodríguez a bordo do Arctic Sunrise. 

Apoiémolos!!! 


mércores, 3 de decembro de 2014

O AIRE DAS CIDADES FAINOS MÁIS LIBRES

De cidades amuralladas, de gremios e do nacemento da burguesía vai este vídeo:

A PARROQUIA

A parroquia ten xogado un papel fundamental na organización do espazo e a vida cotiá no mundo rural galego. a poboación galega do rural ten un sentimento máis forte de pertenza á parroquia que ao municipio correspondente, en boa parte debido ao noso poboamento disperso. Por esta razón, a parroquia, máis que un mero territorio de administración relixiosa, como sucede noutras zonas, constituíu en Galicia un dos focos principais da vida socioeconómica das comunidades rurais. A pertenza á parroquia conleva en Galicia unha serie de vínculos inmateriais compartidos polos veciños de varios lugares: un sentimento de comunidade, lazos de solidariedade mutua e cooperación agraria, festas e tradicións comúns.

Pero de onde vén a parroquia? 


O parroquial suevo, tamén coñecido como división de Teodomiro é un documento redactado na segunda metade do século VI no que se recolle a organización administrativa eclesiástica do reino suevo.



O texto comeza cun preámbulo no que se reproduce unha carta dirixida polo rei Teodomiro aos bispos reunidos no concilio de Lugo no ano 569, na que se expón a necesidade de  reorganizar a igrexa sueva, creando novas dioceses e elevando a de Lugo a metropolina, a continuación contén unha relación das 13 dioceses existentes na Gallaecia naquela época (Braga, Oporto, Lamego, Coímbra, Viseu, Dumio, Egitania, Lugo, Ourense, Astorga, Iria, Tui, e Britonia) e as parroquias correspondentes. 

AS PRIMEIRAS INVASIÓNS

ANNA FREUD


Google adica o Doodle de hoxe ao aniversario 119 do nacemento de Anna Freud, a filla máis pequena dos seis fillos de Sigmunf Freud, o pai da psicoanálise. Anna foi a única que continuou co camiño da psicoanálise, centrándose na psicoanálise infantil.

Anna comezou as súas prácticas como profesora en Viena, Austria, en 1920, cando tiña 25 anos, e en tres anos logrou desenvolver o seu propio método de análise. Durante este período demostrou que é durante a infancia cando se asentan as bases do desenvolvemento mental da persoa.

En 1935 foi directora do Instituto de Formación Psicoanalítica de Viena, pero en 1938 tivo que exiliarse en Londres debido á ocupación Nazi. Foi alí onde fundou a Hampstead Child Therapy Course and Clinic, un centro para formar especialistas en materia de coñecemento sobre o comportamento de menores. A escola foi rebautizada como Anna Freud Centre (Centro Anna Freud) despois da súa morte en 1982.