1º ESO

ASÍ SE FORMARON AS RÍAS GALEGAS ... 


Fai uns días, A Voz de Galicia publicaba unha noticia sobre a formación das rías galegas. Atopei interesante a información e, co gallo de estar repasando en 1º da ESO a xeografía física de Galicia, recollo nesta entrada a noticia. 

Ferdinand Von Ritchthofen, o tío do Baron Roxo, deu nome a este accidente costeiro aló polo 1886. Na súa viaxe ao redor do mundo para estudar os diferentes tipos de costa atopouse en Galicia con algo que con vira anteriormente. As rías son un accidente xeográfico formado pola inundación mariña do curso final dun río. Unha ría, polo xeral, fórmase pola inundación do curso final dun río causada polo afundimento do borde costeiro, por unha subida do nivel do mar ou por ambos sucesos á vez. A esta hipótese hai que engadirille agora un novo matiz. Segundo estudos recentes, o factor determinante que propiciou a súa creación foi o asolagamento pola subida do nivel do mar a causa da fusión da auga dos polos. E, o máis paradóxico, é que ocurriu nun momento no que a corteza terrestre galega se estaba levantando, un proceso xeolóxico que continúa na actualidade. De feito, antes pensábase que as rías galeas se formaron porque a costa se afundira, pero hoxe sábese que o proceso determinante foi o aumento do nivel do mar. 

Cando se formaron? Pois en etapas moi diferentes unhas e outras. As máis antigas son as Rías Baixas, que datan de fai 110 millóns de anos. Moito máis tarde, fai 24 millóns, xurdiron as Rías Altas e o proceso culminou fai tan só cinco millóns coa irrupción das Medias, cuxa formación coincide coa do río Miño. 

A noticia recolle outra información moi interesante. Por que o río Miño non remata nunha ría? Pois ben, a Cordilleira Cantábrica ten unha prolongación no noso territorio, unha estrutura tectónica que recibe o nome de Corredor de Ourense, e que chega ata Celanova. Alí divídese en dúas ramas: unha que vai paralela á fronteira entre Galicia e Portugal ata a zona de A Guardia e Camiña, e outra, máis ao sur, que vai desde Lindoso, no Xurés, ata Viana do Castelo. No Corredor de Ourense, a Cordilleira Cantábrica non se levanta, senón que se afunde, o que forma as concas terciarias galegas e provoca o desvío das augas de varios ríos. Así é cómo se formou o río Miño. Tan só no tramo final da Cordilleira Cantábrica se produce un levantamento do continente, o que impediu que ambos leitos, pese ao sue gran caudal, puidesen escavar os seus cauces e, polo tanto, ser inundados polo mar. Agora se lles coñece como Rías Secas.  

A PREHISTORIA 

COUSAS DA HISTORIA

UN XOGO DE PREHISTORIA. 

 

A ARTE CLÁSICA: A ARTE GREGA E ROMANA. 




PRESENTACIÓN COMENTARIO DE TEXTOS HISTÓRICOS 

DEFINIR TERMOS EN HISTORIA 

ANALIZAR MAPAS HISTÓRICOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario