venres, 27 de febreiro de 2015

A ARTE PERDIDA

As guerras e o fanatismo ideolóxico e relixioso teñen consecuencias irreparables para o patrimonio histórico-artístico da humanidade. A queima de libros e bibliotecas (Nínive, Alexandría, a biblioteca da Madrasa de Granada, "a fogueira das vanidades" de Savonarola en Florencia, a queima de libros xudeos durante a Alemania nazi, etc.) foi, e segue, a ser, tristemente, unha práctica habitual para tratar de apagar o pensamento diferente ao propio ou deixar para sempre no esquecemento o que un día se quixo perpetuar nos libros. 

Xunto coas terribles perdas humanas que deixan tras de si os conflitos, está tamén a destrución, o saqueo, o espolio do patrimonio artístico, de obras que, nalgúns casos desapareceron para sempre. 

Sen remontarnos á destrución que provocaron as dúas Guerras Mundiales do século XX, en tempos máis recentes podemos recordar a destrución dos Budas de Bamiyan. Unhas monumentales estatuas de Buda talladas aos lados dun acantilado no val de Bamiyan en Afganistán. Bamiyan está ubicada na Ruta da Seda, unha ruta de caravanas que unía China e India. Foi o lugar de varios mosteiros budistas. Os Budas eran unha mostra de arte greco-budista, realizados probablemente nos séculos V ou VI. Os Budas salváronse da súa destrución coa conquista musulmá de Afganistán, porén no 2001, o goberno islamista talibán decidiu que estas estatuas eran ídolos, e polo tanto contrarias ao Corán, ordenando a súa destrución. 


Coa invasión estadounidense de Irak (2003), o Museo Nacional de Irak (Bagdad) foi saqueado. Unhas 9.000 ou 10.000 obras, roubadas. E aínda que parte delas, como a Dama de Warka "a Mona Lisa sumeria" foron recuperadas, outras moitas non. 


A Guerra de Siria, que parece non ter fin, tamén trouxo consigo a destrución de numerosos lugares culturais patrimonio da humanidade, como o casco antigo de Alepo con 7.000 anos de antigüidade ou a Fortaleza dos Cabaleiros (a 65 kilómetros de Homs) que foi a sede da Orde do Hospital de San Xoan de Xerusalén na época das Cruzadas. 


Saltaba hoxe a noticia da destrución, tamén en Irak, de varias estatuas do Museo de Mosul, da man do Estado Islámico (EI). Armados con martelos e taladros, seguidores do denominado Estado Islámico destruíron pezas asirias e acadias que describen como "ídolos". "É un ataque deliberado contra a historia e a cultura milenarias de Irak e unha incitación á violencia e ao odio", en palabras da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova. Unha nova provocación que se une aos brutais asasinatos que foron sucedendo desde a súa autoproclamación.


Hoxe vaise parte da nosa Historia, porque o patrimonio de Irak é tamén patrimonio de toda a Humanidade. 

mércores, 25 de febreiro de 2015

ARTE ANIMADA


#OZGECANNICINMINIETEKKGIY




O brutal asesinato da moza turca Ozgecan Aslan, que se enfrentou aos seus violadores antes de ser queimada e de que o seu corpo fose arroxado ao río, motivou numerosas mostras de indignación e protestas. 

O hashtag #OzgecanAsal xerou miles de twits, e moitas mulleres difundiron fotografías vestidas de negro. Nos últimos días, un novo hasthtag #ozgecannicinminietekkgiy, traducido como "viste unha minifalda por Ozgecan", comezou a circular, acompañado dunha fotografía dun home vestindo unha falda curta. O que se busca con esta campaña, ademais de protestar pola morte de Ozgecan, é defender a idea de que a forma de vestir dunha muller non debe ser en ningún caso un motivo que xustifique o acoso sexual. 

Fai uns meses os medios tamén facían eco da noticia dun documental People's Girls (As rapazas do pobo), da estadounidense Colette Ghunim e a belga Tinne Van Loon, ás cales lles chou ao chegar ao Cairo (Exipto) ata que punto estaba ominpresente o acoso sexual nas rúas da capital exipcia. A súa forma de denunciar esta situación foi un documental. A súa grabación foi posible grazas ao éxito de Creepers on the Bridge (Os noxentos da ponte), un vídeo de dous minutos que colgaron en agosto para promocionar o seu proxecto. Inspirado noutra grabación que reflexa o acoso sexual que experimentan unha rapaza nas rúas de Nova York (do director Rob Bliss), Ghunim rexistrou cun teléfono as reaccións dos homes que se cruzaba mentres camiñaba pola ponte de Qasr al-Nil, no centro de O Cairo. 


Contrariamente ao que ditaría a intuición, as situacións de maior risco danse non lugares máis concurridos, como as manifestacións, celebracións públicas ou medios de transporte, e a plena luz do día. No pasado xuño unha moza sufriu unha brutal agresión sexual por parte dunha docena de homes na emblemática praza Tahrir, o epicentro da revolución de 2011, durante unha concentración pola vitoria do xeneral Abdelfattá al Sisi nas eleccións presidenciais. 

Unha das máis reiteradas xustificacións de quenes disculpan estes comportamentos consiste en atribuír a responsabilidade ás vítimas, sobre todo, pola súa forma de vestir. Porén, os datos contradicen estes argumentos. Según un estudo da ONU, un 75% das mulleres acosadas vestían de forma pudorosa. "Unha das mulleres que estrevistei díxome que sufría acoso incluso levando un velo integral que lle tapaba o rostro", sentencia Van Loon. 

Pero non fai falla ir a Oriente, en contextos islamizados, posto que durante a pasada fin de semana, no partido de fútbol entre o Betis e o Xirona, un grupo de aficcionados do Betis comezou a cantar contra a exmoza do xogador do Betis, Rubén Castro, que está acusado de catro delitos de maltrato. Vergoñenta e inxustificable actitude. 

martes, 24 de febreiro de 2015

ROSALÍA

Hoxe temos o orgullo de ter a unha galega no doodle de Google: Rosalía de Castro. Na data do 24 de febreiro conmemórase o seu nacemento aló polo 1837, en Santiago de Compostela. Poetisa e novelista e unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento galego. E para aproximarnos á súa obra recoméndovos a unidade didáctica elaborada por Cristina Corral Soilán, coa que tiven o pracer de compartir docencia no curso 2008/2009 no IES de Monterroso. Noraboa polo teu traballo e grazas por compartilo. 



OS DESERTOS DA PENÍNSULA



Imaxes do deserto de Monegros en Aragón. Los Monegros é unha rexión situada entre as provincias de Zaragoza e Huesca que presenta un clima semi-desértico. O relevo presenta unha estrutura tabular, cunha base de xesos, sobre os que estratifican alternadamente margas, arxilas e areniscas, coroadas por areniscas e calizas.


O deserto de Tabernas (imaxe superior e inferiores) está en Almería. As poucas chuvias soen ser torrenciais, co que o solo de margas e areniscas sedimentarias e moi pouca vexetación non consigue reter a humidade, senón que sofre erosión formándose unha paisaxe de badlands, como a que vemos na imaxe. 

O deserto de Tabernas foi escenario cinematográfico nos anos 60 e 70 das películas coñecidas como spaghetti western, sendo moi coñecidas as películas do director Sergio Leone, aínda que tamén ser rodaron western estadounidenses. Os westerns máis famosos son os protagonizados por Clint Eastwood como Por un puñado de dólares, A morte tiña un prezo e O bo, o feo e o malo. Tamén ser rodaron películas doutros xéneros como Indiana Jones e a última cruzada (1989) ou máis recentemente Éxodus (2013) de Ridley Scott. 






luns, 23 de febreiro de 2015

CURTAMETRAXES EDUCATIVAS

30 curtametraxes para educar en valores 

Pipas reflicte a importancia de aprender e ter unha formación, móstranos o fracaso escolar a través dunha experiencia cotiá de dúas mozas. 


A viaxe de Said 



A flor máis grande do mundo con texto de Saramago 


O circo das bolboretas 



O home orquestra 


The lost thing (O obxecto perdido) 

sábado, 14 de febreiro de 2015

A DAMA DO XADREZ



No documental La Dama del Ajedrez, de Agustí Mezquida, deféndese a idea de que o xadrez moderno naceu en Valencia aló polo século XV. A diferenza co que trouxeron os musulmáns foi que incorporaba unha dama, unha peza de vital importancia porque dá moito dinamismo ao xogo, ao tratarse da peza máis potente, en homenaxe a Isabel, a Católica. 

O xadrez arábigo era unha excusa para ligar na Idade Media e, incluso, poder entrar nos aposentos dunha muller. O xogo era moito máis lento, menos dinámico, posto que a peza que ocupaba o lugar que hoxe ocupa a Dama, é dicir, alferza, só podía ir a unha casilla contigua en diagonal. Como resultado, as partidas eran moi longas e se ían mezclando con bailes e conversacións. De feito, o máis frecuente era non xogar unha partida enteira, senón que se partía dunha posición determinada que obligaba ao contrincante a buscar unha nova combinación como resposta. 

Así se explican os 64 poemas (un por cada casilla do taboeiro) Schachs d'Amor (xadrez amoroso), publicados en 1475 por Castellví, Fenollar e Vignoles, nos que xa se entrevé que algúns intelectuales valencianos están cavilando a introdución dunha potente figura feminina que de maior dinamismo ao xogo. 

Agora ben, a incorporación da Dama como peza moi poderosa tivo importantes consecuencias sociolóxicas. A nova versión do xadrez era un xogo de guerra e estratexia, moi dinámico, que requería moita concentración; polo tanto, gañar e ligar durante a partida eran pouco compatibles. Desta situación acabou derivando unha masculinización no tocante aos practicantes do xadrez. 

Ademais, decidiuse que cando o peón chegaba á última fila podía transformarse en dama; é dicir, un home se transformaba nunha muller, algo inaceptable para o catolicismo da época. Pero a paixón que despertou o novo xadrez era demasiado grande para verse freado. Os italianos atoparon a solución, o pedone pasou a chamarse pedona e asunto resolto. 

Tamén resulta interesante a testemuña que nos deixa no Libro de Xadrez, dados e tablas, escrito por Alfonso X O Sabio en 1283. O rei destaca que o xadrez era unha magnífica ferramenta para a boa convivencia de musulmáns, xudeos e cristiáns. 

O libro que probablemente demostraría que o nacemento do xadrez moderno tivo lugar en Valencia desapareceu. Trataríase do Llibre dels jochs partits dels schachs en nombre de 100, publicado por Francesch Vicent en 1495. Sábese que un exemplar perdeuse tras o asalto das tropas napoleónicas á abadía de Monstserrat, en 1811. Convocouse o Premio Internacional Von der Lasa, dotado con 18.000 euros, a quen atope algún. 

mércores, 11 de febreiro de 2015

A FIN DO REINO VISIGODO


"No inicio do século VIII, o reino visigodo de Toledo atravesaba unha profunda crise na súa política, económica e social. (...) A monarquía foise debilitando, debido á forza crecente dos nobres e o proceso de ruína do Estado era imparable. (...). Neste proceso, o panorama da península nos anos 710-711 presentaba un escenario de enfrontamentos constantes entre diferentes faccións da aristocracia, vistos con indiferenza polo resto da sociedade, e convertidas as zonas dominadas polos nobres en pequenas illas practicamente independentes. Cando naqueles anos, Witiza asociou o trono ao seu fillo Akhila, os nobres enfrentáronse co seu propio candidato, Rodrigo, e logrou dominar ao débil monarca. Con todo, este novo rei aupado polos nobres, non conseguiu as adhesións suficientes para xestionar as hordas de bérberes chamados no seu auxilio polo grupo defensor dos dereitos de Akhila. (...) Foi así como os atacantes se levaron por diante as desorganizadas tropas de Don Rodrigo, en 711, coa aprobación dos distintos sectores sociais (algúns xudeus, posiblemente), fartos do clima de inestabilidade e recesión económica baixo a inseguridade visigótica."
                            Juan Luis Puente López, Reyes y reinas del reino de León. Ed. Edilesa.




Polo ano 722, facía once anos que Tariq atravesara o estreito de Xibraltar e derrotara
a Don Rodrigo en Guadalete. Once anos nos que se suceden as desercións dos nobres visigodos, que prefiren pactar cos recén chegados a perder os seus bens e ... as súas cabezas. Un exemplo sería o nobre Tudmir, señor dun inmenso territorio en Levante. O seu pacto co invasor serve de modelo para explicar o que aconteceu en outros moitos casos. 



Pero non todo o territorio, nin toda a poboación hispanovisigoda está baixo o dominio musulmán. Un núcleo occidental, na franxa cantábrica, e un núcleo oriental, nos Pirineos. Na cordilleira Cantábrica xurdiu o reino astur-leonés. Nos Pirineos, a rexión convertérase nun territorio fronteirizo entre o reino franco e o poder musulmán, de tal forma que Carlomagno fundara a Marca Hispánica, un territorio divido en condados, que darían lugar a tres núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os condados cataláns.






martes, 10 de febreiro de 2015

O MATRIMONIO ARNOLFINI


MAPAS INTERACTIVOS

MAPAS INTERACTIVOS PARA TRABALLAR O RELEVO, AS COSTAS E OS RÍOS DA PENÍNSULA IBÉRICA E DO RELEVO DE GALICIA E DAS COSTASRÍOS GALEGOS. 


ENLACES SOBRE OS MEDIOS NATURAIS DA PENÍNSULA.  

A LAURISILVA nas ILLAS CANARIAS 



FACTORES QUE DETERMINAN O CLIMA NA PENINSULA:

1. Latitude. A península está situada na zona temperada, propicia a existencia marcada de dúas estacións, inverno e verán. A situación xeográfica determina o clima peninsular, canto máis ao Norte máis chuvia e temperaturas máis frías. As illas Canarias están en latitudes próximas ao trópico de Cáncer, por iso presenta un clima subtropical e unha menor oscilación térmica. 

2. A situación entre dous mares, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
  • O océano Atlántico suaviza as temperaturas e alimenta as borrascas que chegan polo Oeste. Os ventos húmidos que traen chuvia proceden do Oeste. Por iso, chove máis na zona occidental peninsular que na oriental.
  • O mar Mediterráneo, ao ser un mar pequeno e pechado, non suaviza tanto as temperaturas, por iso os veráns da rexión mediterránea son calorosos.

3. A disposición periférica do relevo. Ailla o interior peninsular da influencia do mar, de tal forma que se comportan como barreiras que impiden que os ventos húmidos cargados de chuvias cheguen ao interior, especialmente a determinadas zonas como Almería e o val do Ebro (zona media), as zonas máis áridas da Península. 

4. A forma maciza e extensa da Península, determina que o mar afecte pouco o interior da península. Provoca que os veráns sexan calorosos e os invernos fríos no interior.