domingo, 17 de maio de 2015

DEUSES EXIPCIOS

A relixión exipcia era politeísta, é dicir, crían en numerosos deuses que representaban mesturando trazos humanos e animais. 

No Antigo Exipto houbo máis de setecentos deuses e deusas. Algunhas divinidades foron creadas fusionando as características de varios deuses. Para os exipcios, o ka dos deuses residía na Terra, nas imaxes dos seus templos, e había que veneralas. Para iso, bailaban, cantaban, rogábanlles e levábanlles ofrendas de obxectos valiosos e alimentos. 

Durante máis dos tres mil anos da historia do Antigo Exipto, a relixión apenas evolucionou. Porén, nalgúns períodos, certos deuses volvéronse máis importantes, mentres que outros pasaron a un segundo plano. Akenatón (faraón exipcio, esposo da coñecida Nefertiti) impuxo, durante o seu reinado, un culto monoteísta centrado na veneración do disco solar: Atón. 

Os deuses máis importantes do Imperio Novo foron: Ptah, Amón e Ra. 





xoves, 7 de maio de 2015

MITOLOXÍA


mitoloxía é o conxunto de mitos ou historias dun pobo ou dunha cultura, a través dos cales preténdese explicar a orixe do mundo, das forzas da natureza e a creación do ser humano. A mitoloxía clásica é o conxunto de lendas ou mitos gregos (e romanos). 










Na arte occidental a mitoloxía clásica é unha fonte moi importante de inspiración, desde a cerámica grega ata obras de arte actuais. 




A Ilíada, (Aiax e Aquiles na Guerra de Troia)







Os doce traballos de Hércules  (Os bois de Xeríones)






Mirar un cadro: explicación da obra de Velázquez A forxa de Vulcano







Teseo e Ariadna  (Ariadna abandoada na illa de Naxos) 



O LIBRO DOS MORTOS

Libro dos Mortos demostra que os exipcios crían nun “Xuízo Final” e que a vida do ser humano no máis alá dependía da vida que levaría sobre esta terra. O Ka daqueles que foran xustos nesta vida entrarían na vida eterna. Os que eran xuzgados como malos, eran lanzados á deusa Amémet, a “tragoa”, aue foi representada coa parte posterior de hipopótamo, a parte anterior de león e coa cabeza de cocodrilo.

Os Tasadores de Osiris, incorruptos, estritamente xustos e imparciais, pesaban o corazón dos homes da “Gran Balanza” da verdade e a decisión final de Osiris concordaba coa opinión de Thot, personificación da xustiza eterna e Maat, a verdade.

O peso dos corazóns na balanza era moi importante e sempre se incluía unha viñeta da escea do Xuízo nos papiros onde estaba escrito o Libro dos Mortos. O obxecto deste libro era permitir ao difunto salvar os perigos que se lle presentaban despois da morte, instruíndolo nas palabras que lle permitían ingresar aos diversos estados do inframundo e aseguráballe a protección dos deuses.

O carácter práctico dos exipcios determinou que moitos fosen prefabricados, é dicir, non eran elaborados por encargo para unha persoa concreta, senón que se deixaba un espazo en branco para enchelo posteriormente co nome da persoa que o mercaba.