xoves, 4 de abril de 2013

MECENAS


De onde vén a palabra mecenas? Durante estes días estamos a facer alusión, de forma recurrente a esta palabra, pero quen da nome á figura que actúa como patrocinador de artistas e da cultura, en xeral. Pois é Cayo Cilnio Mecenas (70 - 8 a.C). Era un noble romano, confidente e conselleiro político de César Augusto. Foi un importante impulsor das artes, de poetas, e amigo de destacados nomes da literatura romana como Virxilio ou Horacio. Virxilio incluso escribiría unha das súas obras, as Xeórxicas, na súa honra. O propio Mecenas escribiría algunha obra literaria, da que chegaron ata nós algúns fragmentos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario