domingo, 7 de abril de 2013

HIPATIA


Na Escola de Atenas, obra de Rafael Sanzio, aparece representada Hipatia de Alexandría, entre outros grandes filósofos da Antigüedade clásica. Hipatia foi filósofa (neoplatónica) e matemática. Destacou tamén en astronomía. Naceu en Alexandría, Exipto, no ano 370 e morreu na mesma cidade no ano 415. Era filla do matemático e astrónomo Teón de Alexandría. Realmente Teón foi unha excepción no seu tempo pois permitiu que a súa filla se convertise en astrónoma, filósofa e matemática, cousa que era sumamente inusual nun sistema no que as mulleres non tiñan dereito á educación e as súas vidas transcurrían nos espazos pechados das súas casas.  Parece ser que Teón puxo o seu empeño en que Hipatia tivese unha boa formación, tanto física como mental, superando a seu pai, especialmente na observación dos astros. Teón traballaba no Museo, institución adicada á investigación e á ensinanza que fora fundada por Ptolomeo, sucesor de Alexandre Magno. O Museo tiña máis de cen profesores. Hipatia entrou a formar parte do grupo de profesores desta institución, e incluso, segundo as fontes chegando a dirixilo arredor do ano 400. 
Hipatia adicouse, durante vinte anos, a investigar e ensinar Matemáticas, Xeometría, Astronomía, Lóxica e Filosofía. Viaxou a Atenas e a Italia para completar a súa formación. En Atenas estudou a obra de Platón e Aristóteles. Ocupaba a cátedra de Filosofía platónica polo que os seus amigos e compañeiros chamábana "a filósofa". 
Sen embargo, os coñecementos que transmitía Hipatia eran considerados polos cristiáns como "pagáns". Esta circunstancia levou a que os cristiáns queimasen e destruísen todos os templos e centros gregos e, aos académicos do Museo, obrigándoos a convertirse ao cristianismo senón querían morrer. Hipatia negouse. En marzo do 415, acusada de conspirar contra o patriarca cristián de Alexandría, foi torturada e asasinada. 
Agora ben, as causas da súa morte tampouco están demasiado claras, quizais non foi só un asasinato pola intolerancia dos cristiáns (hai que ter en conta que Hipatia non era contraria ao cristianismo e tiña discípulos de todas as relixións), senón máis ben un asasinato de carácter político, dentro dun contexto de tensións políticas que existía na Alexandría desa época, unha loita que mantiñan o patriarca cristián Cirilo e o prefecto romano Oreste pola hexemonía política en Alexandría. Parece ser que Hipatia adquiriu un gran prestixio nos ambientes políticos de Alexandría, frecuentado polo prefecto romano Orestes. Isto provocou a envexa dos ambientes cristiáns. De todos os xeitos, Hipatia en tanto que filósofa, científica, maestra e política, atentaba contra o patriarcado e os ideas cristiáns, que ditaban un papel secundario para a muller. 
A historia de Hipatia foi levada á gran pantalla polo cineasta español Alejandro Amenábar: Ágora. A película estrenouse no 2009. Interpretada no seu papel protagonista por Rachel Weisz.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario