"Eu o único que quero ser é Salvador Dalí e nada máis". Houbo poucos artistas ao longo da Historia da Arte que se venderan tan ben a si mesmos como Salvador Dalí.
A semana pasada inaugurouse no Centro Reina Sofía de Madrid unha gran retrospectiva sobre Salvador Dalí, o gran mestre do surrealismo, e que poderá visitarse ata o 2 de setembro. Expóñense máis de duascentas obras entre pinturas, esculturas e debuxos, de cada unha das súas etapas máis significativas, pero tamén nos achega á súa participación no mundo a fotografía, teatro e cine. Por exemplo, Un can andaluz con Luis Buñuel ou os decorados da película de Hitchcok Recorda (Spellbound).

Comeza
cun espazo adicado aos autorretratos
e á alusión á figura e á paisaxe, nunha
etapa de aprendizaxe do artista, coa súa familia como modelo en
moitas das súas obras. Por exemplo, a moza
que mira pola fiestra aberta
é súa irmá.
A
continuación, a exposición achéganos ao período no cal Salvador
Dalí estivo na Residencia
de Estudantes de Madrid en 1922, onde
coincidiu con Federico
García Lorca e Luis Buñuel,
entre outros, e onde tamén experimentou con diferentes "ismos"
do século XX, como o cubismo e o futurismo.
Tras este período inicial, Dalí adéntrase no surrealismo. Esta etapa tamén está marcada polo coñecemento de Gala, a súa musa e compañeira de vida. Faise especial fincaé no "método paranoico-crítico" desenvolvido polo artista. Este método baseábase na psicoanálise de Freud. O descobremento de Freud marcará a obra de Dalí, atopando nel a explicación aos seus temores e obsesións: medo ao contacto físico co sexo contrario, medo á castración, medo a impotencia, á morte e á putrefacción. Na súa obra serán frecuentes elementos como as formas fálicas, os saltamontes, o león, as formigas, os reloxos brandos, etc. Desta época son obras como A persistencia da memoria.

A paranoia,
segundo a psiquiatría, é un trastorno mental caracterizado polos
delirios persecutorios ou de grandeza. Para Salvador Dalí foi un
procedemento creativo para profundizar nas oscuras realidades do
subconsciente. Os medos, os instintos ocultos que afloran
nos nosos soños, e, con frecuencia, as interconexión das imaxes
carece de sentido, aínda que aparecen moi nítidas e reais. Isto
trasládao Dalí ás súas obras. Serán habituais as obras nas que
aparecen imaxes dobres ou triples, é dicir, respresentacións dun
obxecto que sexa, ao mesmo tempo, a representación doutro obxecto
diferente. Na sección titulada O Anxelus pódese
observar o interse de Dalí pola obra de Millet e o método
paranoico-crítico levado á súa máxima expresión.
A Guerra
Civil española, a Segunda Guerra Mundial e
a súa estancia en Estados
Unidos entre 1940 e
1948 tamén teñen cabida nesta mostra. O conflito internacional e a
catástrofe nuclear de Hiroshima e Nagasaki trasforman
a obra do pintor. Comeza unha etapa mística e nuclear, tratando
temas relixiosos e outros relacionados cos avances científicos da
época, mostrándose especialmente interesado nos progresos
referentes á fusión e fisión nucleares, como en obras A
máxima velocidade da Madonna de Rafael.
Agora ben, tamén en Estados Unidos Dalí entra en contacto cun novo
público e busca "vender a marca Dalí". Fai portadas para
a revista Vogue e
colabora con Hithcok ou con Watl Disney. "Oh,
Salvador, agora o sabes, xogando a ser un xenio, chégase a selo!".
A
exposición péchase cuns espazos adicados ao Dalí escritor, teatral
e científico (a ciencia e a tecnoloxía acapararon boa parte do seu
interese desde os anos 60). Tamén atopamos un oco para o seus happening e performances, novas
formas artísticas das cales foi precursor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario