martes, 28 de maio de 2013

SALVEMOS GALICIA


Non é unha esaxeración. E deberiamos parar a reflexionar sobre este atentado contra o noso patrimonio. Galicia protagonizou na historia recente, que todos e todas temos en mente, os titulares de xornais e noticiarios de todo o mundo e, non precisamente, pola conservación do medio e da nosa contorna, senón pola súa destrución, pola destrución do noso patrimonio humano e natural. Intentan, e o peor é que o conseguen, seducir á poboación con promesas de traballo e prosperidade económica. Pero parémonos a pensar, a que prezo? Xa non é só a destrución dos nosos bosques, das nosas costas, senón, os problemas se saúde que leva aparellado un megaproxecto mineiro como este. Estamos dispostos a iso? Que futuro é o que queremos? Destruír o noso país para o enriquecemento duns cantos (os donos das empresas mineiras)? Se nós non o facemos, quen o fará? 

1 comentario:

  1. O mellor de Galicia: os galegos, o peor: tamén os galegos. Non podemos reconstruír a desfeita, pero podemos parala entre todos.

    ResponderEliminar