Nunha das zonas máis áridas do planeta, nas pampas de Nazca, na costa de Perú, consérvanse unhas enigmáticas liñas, coñecidas como as liñas de Nazca, descubertas en 1927, e cuxo significado segue suscitando múltiples interpretacións. Os debuxos só poden ser vistos dende o aire, pero, partindo de que os nasca non puideron coñecer o voo, podemos preguntarnos: Como as diseñaron? Para quen as construíron?
Trátase dunha serie de debuxos, a base de liñas rectas, en zigzag e trapezoidais, realizados no chan do deserto, chamados xeoglifos, que ocupan 50 kilómetros de lonxitude e cinco de ancho. Os debuxos teñen diversas formas pero as máis sorprendentes son aquelas que reproducen as formas de animais (colibrí, iguana, araña, mono, pelícano, etc.), plantas e seres antropomorfos. Os autores destes xeoglifos son os membros dunha cultura coñecida como "os nasca" que se desenvolveu na zona entre os anos 100 e 600 a.C. Os nasca trazaron os debuxos a base de surcos excavados no chan. A aridez do lugar e a composición do terreo permitiron a súa conservación ata hoxe.
Cal foi a súa función? Para que os diseñaron? O antropólogo Paul Kosok foi o primeiro en estudialas aló polos anos 30 do século pasado. Chegou á conclusión de que se trataba dun calendario astronómico e que se trazaron para sinalar a saída de certas estrelas que marcaban os períodos de sembra. María Reiche, matemática alemana, estudiou ata os anos noventa os xeoglifos de Nasca. Ela chegara a Perú nos anos 30, escapando dunha Alemaña inmersa no ascenso do nacionalsocialismo, e alí coñeceu a Kosok e, como el, considerou esta gran obra como "un gran calendario agrícola".
As interpretacións son tan variadas que se chegou a apuntar que se trataría de pistas de aterrizaxe para naves extraterrestres. Na actualidade, a teoría considerada máis aceptada é a do arqueólogo Johan Reinhard quen propón que as liñas, nunha rexión tan árida como Nasca, teñan a función de invocar a auga a través de ritos de fertilidade. As investigacións levadas a cabo nos últimos anos parecen corroborar a súa hipótese posto que tense comprobado que algunhas liñas sinalan canles subterráneas e nalgunhas zonas atopáronse cunchas dun molusco que os nazca veneraban como símbolo relixioso vencellado á fertilidade.
Pero seguen sen resolverse moitas incógnitas: como se fixeron? A pesar da construción destes importantes deseños, os nasca non se salvaron da seca extrema que os conduciu á súa desaparición. Hoxe en día o que está en perigo é a conservación do seu legado: dos propios xeoglifos.
Recoméndovos un vídeo que nos achega a estes xeoglifos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario