mércores, 1 de maio de 2013

ESCRAVITUDE NO SÉCULO XXI

Unha semana máis tarde do derrumbre do edificio de Dacca (Bangladesh) que albergaba varias fábricas textis que traballaban para firmas de Estados Unidos e Europa, as autoridades dese país presentan as cifras oficiais do siniestro: 1050 vítimas mortais. O desastre volve a poñer de manifesto as malas condicións laborais e de seguridade que sofren os traballadores de talleres textis no país asiático. O derrumbre dun edificio de Bangladesh pode parecer unha historia allea a nós, pero está moito máis cercana do que nos parece. Non sería estrano que calquera das prendas que levamos postas foran realizadas alí. De feito, nesta mesma fábrica traballan para algunha marca española. 
Este tráxico suceso non é un caso illado. Os incendios e derrumbres de edificios, coas súas respectivas mortes, son na súa inmensa maioría evitables. As medidas de seguridade son nulas. As horas de traballo nada teñen que ver coas 8 horas das que falabamos noutra entrada. Incluso, se pode constatar que en moitas instalacións hai nen@s traballando. 
A voracidade do consumismo, e os postulados capitalistas, buscan a produción barata, con materiais económicos, pero, fundamentalmente, con man de obra barata (algúns dos traballadores da fábrica derrumbada non chegaban a cobrar 30 euros mensuais), pero que queda no camiño? Pois, nalgúns casos, a vida de seres humanos. 


2 comentarios:

  1. por desgracia o luns xa superaran as 700 vítimas.

    É incrible que pola avaricia dalgúns morran tantas persoas, así como tamén é incrible que empresas que reportan ganancias ao seu dono de mais de 400 millóns de euros fabriquen nesas condicións pagando menos de 30 euros ao mes a eses "escravos".

    Pero gran parte da culpa é nosa, dos compradores, xa que por querer ter o armario cheo compramos ata o que non necesitamos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, xa superaron os 1000 mortos. Unha barbaridade. No País de onte viña un dato interesante. De acordo coas cifras que manexa o sindicato IndustriALL, 1,5 céntimos de euro de beneficio medio nunha camiseta dupricaría o salario dos traballadores e traballadoras de Bangladesh. E 7,7 céntimos de euro de beneficio en cada prenda pagarían a transformación das normas de seguridade en toda a industria.

      Eliminar