martes, 17 de marzo de 2015

XOANA "A TOLA"

O reinado de Xoana I de Castela xunto co seu esposo Felipe o Fermoso comezou en 1504 pero viuse truncado ese mesmo ano polo falecemento do seu home, que fixo explotar a Xoana nun delirio paranoide que a levou a desenterrar o cadáver e iniciar unha fúnebre procesión pola Coroa de Castela na que viaxaba só de noite, pois dicía que "unha muller honesta, despois de ter perdido ao seu home, que é o seu sol, debe fuxir da luz do día", todo isto segundo os relatos dos seus cortesanos. 

No 1509, Fernando o Católico, pai de Xoana, aproveitou a situación para asumir a rexencia do trono de Castela e encerrar a Xoana en Tordesillas, onde permaneceu ata a súa morte en 1555. 

Na actualidade, historiadores e psiquiatras teñen analizado o caso de Xoana, intentando unha solución ao enigma de se a raíña padecía efectivamente unha enfermidade mental ou foi vítima de intrigas por parte dos aspirantes ao trono de Castela (esposo e pai). 

Por un lado, existe a teoría de que foi vítima dos intereses do seu pai Fernando, quen ao encerrala converteu un caso de enaxenación transitoria (a peregrinación fúnebre trala morte de Felipe) nun transtorno crónico. 

Outra interpretación atribúe o estado mental da raíña ás continuas infidelidades de Felipe o Fermoso, que magnificaron os celos de Xoana ata enloquecela. 

Porén, a visión máis plausible ofrécea o psiquiatra Luis Mínguez e que conclúe que Xoana sufría unha psicose que se acrecentou nons momentos turbulentos da súa vida, sen esquecer que a condición de Xoana foi unha oportunidade que Fernando o Católico soubo aproveitar para recuperar o trono. 

A VIAXE DE XOANA A FLANDRES 



UNHA BIOGRAFÍA DE XOANA 

MULLERES NA HISTORIA (DOCUMENTAL RTVE) 

O DESPLANTE DE XOANA Á RAÍÑA DE FRANCIA 

ESTABA TOLA?

Ningún comentario:

Publicar un comentario