O Monte Saint-Michele (Francia), un promontorio cun pobo medieval no centro dunha baía do noroestre francés, foi a protagonista o sábado da denominada “marea do século”, que ofreceu unha espectacular estampa deste enclave turístico.
A
marea creceu o equivalente a un edificio de catro pisos de altura,
con máximos de 14,6 metros, e por primeira vez neste milenio,
sumerxiu completamente a pasarela que conecta a costa co Monte
Saint-Michele.
Por
que esta marea é excepcional? O excepcional desta marea en
comparación con outras mareas vivas débese á confluencia entre
todos os factores que exercen influencia sobre as mareas. Xuto este
vernes, a Terra, a Lúa e o Sol aliñáronse, quedando estes dos
últimos do mesmo lado (o que deu lugar ao eclipse solar), polo que
as forzas de atracción que exercen estes dous corpos sobre o mar
sumáronse. O mesmo día tivo lugar o equinoccio de primavera
(momento do ano no que o día e a noite teñen a mesma duración) e,
ademais, a Lúa está en fase de lúa nova (fase trala cal se
producen maiores mareas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario