Este pasado fin de semana conmemorouse o 50 aniversario da Marcha de Selma.
As marchas de Selma (Alabama) foron tres manifestacións pacíficas, sendo a primeira coñecida como "Domingo Sanguento" ("Bloody Sunday"), do movemento polos dereitos civís dos negros nos Estados Unidos que reclamaban o dereito ao voto, que ata entón, non lles estaba permitido. As tres marchas foron tentativas de percorrer os 85 quilómetros que unen Selma á capital do estado de Alabama, Montgomery.
A primeira marcha tivo lugar o 7 de marzo de 1965, cando uns 600 manifestantes foron atacados pola policía e os militares. Finalmente, e tras varias tentativas, os manifestantes acadarían Montgomery o 24 de marzo e conseguirían que ese mesmo ano fose aprobada unha lei que lle permitise votar á poboación negra en Estados Unidos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario