CULTURA AZTECA
CULTURA MAIA
CULTURA INCA
Cultura
|
Maia
|
Azteca
|
Inca
|
Área
que ocupaban
|
Península
Iucatán e terras baixas de México, Guatemala e Honduras
|
Val
de México
|
Área
que abranguía parte ou a totalidade dos actuais Perú, Bolivia,
Ecuador, Arxentina e Chile.
|
Organización
política e social
|
Cidades-Estado
gobernadas por un xefe supremo que vivía na cidade de Maiapán.
A
sociedade estaba dividida en catro clases sociais: nobres,
sacerdotes, campesiños e escravos (cativos de guerra).
|
Pobo
guerreiro organizado en tribos. A capital era Tenochtitlán.
A
sociedade estaba organizada en varios grupos sociais: os
sacerdotes, os nobres, os homes libres e os escravos.
|
O
xefe supremo era o inca, considerado fillo do deus Sol. A súa
capital era Cuzco.
A
sociedade estaba formada por varios grupos: nobres, pobo, servos e
os escravos. A maioría da poboación era campesiña.
|
Economía
|
Agricultura.
Cultivo do millo, cacao, fabas, cabazas, tomates, especias e
outros produtos.
|
Agricultura:
cultivo do millo, cabaza e tomate. Cultivaban en xardíns
flotantes (chinampas).
Cobraban
tributos aos pobos veciños e adoitaban sacrificar moitos inimigos
derrotados.
|
Agricultura:
millo e pataca. Para cultivar en zonas montañosas (Andes) crearon
socalcos.
Os
animais domésticos máis importantes eran as alpacas e as llamas,
das que obtiñan alimento, medio de transporte e para elaborar
tecidos.
|
Manifestacións
culturais
e
artísticas
|
Astronomía,
matemáticas. Calendario e sistema de escritura propios.
Pirámides
graduadas.
|
Destaca
a cidade de Tenochtitlán e as pirámides graduadas.
|
Ourivaría
(traballo cos metais, ouro e cobre).
Instrumentos
de cerámica decorados con figuras humanas, animais e vexetais.
Arquitectura:
destaca o conxunto do Machu Picchu nos Andes peruanos.
|
En apenas 50 anos (1492-1550) un reducido número de españoles destruíron os imperios azteca e inca. Como foi posible a conquisa de territorios tan vastos sen dispoñer dun exército numeroso e ben preparado?
- Crenzas míticas sobre a chegada dos invasores: antigas profecías fixeron que os españois foran vistos como deuses. Os aztecas identificábanos con Quetzal e os incas con Viracocha. Isto explica que fosen recibidos con todos os honores. Máis tarde decataríanse do seu erro, pero xa era demasiado tarde.
- A relixión: a maioría das relixións indíxenas tiñan un concepto cíclico da vida, e van aceptar a conquista como algo inevitable. En cambio, os españois consideran que están cumplindo cunha misión case divina.
- A superioridade técnica: as armas de fogo e os animais descoñecidos polos indios ( o cabalo, os cans grandes). Tampouco coñecían a roda, nin tiñan armaduras. Imaxinade se nunca antes vírades a un ser humano con armadura e montado nun animal que non coñecedes (o cabalo), tamén pensariades que era algo "sobrenatural" ou cando menos quedaríades algo pasmados.
- A guerra: os españois van ofrecer unha guerra continua, rápida, que non entra na mentalidade da poboación local, para quen a guerra era fundamental para obter cautivos para os sacrificios.
- Poboación local aliada: os españois van atopar importantes aliados entre os mesmos indíxenas (Cortes na súa guerra contra os aztecas de Monctezuma).
- Enfermidades que trouxeron os españois: a gripe, o sarampión e as papeiras que tiveron consecuencias tráxicas para os indíxenas.

- A debilidade dos grandes imperios: tanto os aztecas como os incas tiñan graves problemas políticos internos que os debilitaron fronte os invasores.
- A brutalidade coa que moitos conquistadores se comportaron. Os indíxenas foron tratados duramente, a pesar da prohibición do maltrato por parte dos monarcas españois, posto que os indíxenas eran considerados como súbditos da Coroa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario