A comezos do século XV, o mundo que coñecían os europeos limítabase a Europa e os territorios que rodeaban o Mediterráneo e o mar Negro. Sabían da existencia da India, China e Xapón polas viaxes de Marco Polo e porque había rutas comerciais como a chamada "ruta da seda".
Os "vikingos" e Groenlandia.
Erik "o roxo" era un vikingo, nado en Noruega, que segundo a tradición popular foi a primeira persoa en descubrir Groenlandia. Parece ser que houbo outros exploradores nórdicos que descubriron estas terras e tentaron colonizalas antes que el. O máis coñecido dos "vikingos" que chegaron a estas terras foi, sen embargo, Erik "o roxo". Desterrado da súa terra por cometer algúns crimes, marcha cara Islandia, onde parece ser que tampouco tivo unha vida exemplar e foi declarado foraxido. De tal forma que fuxiu de Islandia. Erik, a finais do século X, chegou a unha terra descoñecida e bautizouna co nome de Groenlandia "Terra verde", aínda que estaba cuberta de xeo, pero pensando que quizais así atraería a nova poboación cara esas terras. Regresa a Islandia para buscar homes que quixeran instalarse nas novas terras. Dos 25 barcos que parten, só chegan 14. Houbo exploracións á costa oriental de Norteamerica e tamén se atoparon restos de casas vikingas en Terranova. Así, podemos dicir que foron os vikingos os primeiros en cruzar o Atlántico.

AS VIAXES DOS EUROPEOS A EXTREMO ORIENTE.
Ruy
González de Clavijo (morto
o 2 de abril de 1412) foi un embaixador do rei castelá Henrique III,
quen lle encomendou a tarefa de establecer unha embaixada ante a
corte de Tamerlán coa intención de crear unha alianza contra os
turcos.
González
de Clavijo partiu do Porto de Santa María (Cádiz) o 22 de maio de
1403 e logo de pasar por Rodas, Constantinopla e Trebisonda,
desembarco alí para proseguir a súa viaxe por terra a través de
Turquía, Irak e Irán, para chegar finalmente á capital da Gran
Bukaria (actual Uzbekistán), Samarcanda, onde se situaba a corte de
Tamerlán. Cando apareceu tan inesperado viaxeiro na súa corte, Tamerlán recibiuno con gran pompa e numerosas festas e celebracións. Pero trala morte de Tamerlán (na campaña de conquista de China), comezou en Samarcanda un período de inestabilidade mentres os herdeiros repartíanse o imperio. A embaixada foi un fracaso diplomático. Porén, o éxito foi a propia viaxe. O seu libro, Embaixada a Tamerlán é un fito da literatura medieval de viaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario