MARCO POLO
Orientarse baixo as estrelas.
OS MAPAS PORTOLANOS
ASTROLABIO, COMPÁS e CUADRANTE
AS CARABELAS
AS EXPLORACIÓNS PORTUGUESAS: A RUTA BORDEANDO ÁFRICA
Bartolomé Días e Vasco da Gama
AS EXPLORACIÓNS CASTELÁS: A RUTA DO OESTE ATRAVESANDO O ATLÁNTICO
De
onde sacou a idea de chegar ás Indias a través do Atlántico?
Pois posiblemente a partir da súa experiencia como navegante, o seu sentido común e as ideas de Toscanelli (xeógrafo florentino que enviou unha carta cun mapa adxunto ao canónigo Fernado Martins de Lisboa na que lle comunicaba a proximidade entre os extremos occidental de Europa e oriental de Asia, dado que a terra era redonda, unha opinión moi xeneralizada entre os xeógrafos da época). Toscanelli estimaba que a distancia existente entre Lisboa e Cipango (Xapón) era só de 125º de lonxitude (na realidade son 210º).

AS CONSECUENCIAS DOS DESCOBREMENTOS.
As noticias da chegada de Colón a novas terras, e a adscripción que o Papa Alexandre VI fai das mesmas a Castela, mediante as "Bulas inter caetera", provocan a reacción de Portugal, e doutros países, que non atopan xustificación para que esas terras sexan postas baixo soberanía dos Reis Católicos.
O rei de Portugal, Xoan II, declarou que os territorios descubertos por Cristovo Colón pertencían a Portugal, en función do Tratado de Acaçovas-Toledo (1479) que, basicamente, outorgaba o Atlántico para Portugal (agás as illas Canarias). Os reis de Castela non estaban dacordo e argumentaban que ese tratado non dicía nada ao respecto das terras occidentais.
Os Reis Católicos recurriron ao Papa Alexandre VI (parente de Fernando, polo tanto había "enchufe") e, finalmente, fai valer unha serie de argumentos (o mero feito do descobremento, ocupación e conquista) de tal forma que Castela sae beneficiada.
E como se resolveu o asunto? A través das chamadas "bulas alexandrinas" de 1493:

- A primeira bula estableceu o dominio dos Reis Católicos e os seus sucesores sobre as terras descubertas e por descubrir, cara a India, que non pertencesen a ningún príncipe cristián.
- A segunda confirma esta donación do Papa a Castela e, ademais, establece unha división do océano mediante unha liña divisoria, que coincide cun meridiano, a 100 leguas (unha legua equivale a 5,6 km) ao oeste das illas Azores e Cabo Verde. O océano quedaba así divido en dúas partes: a occidental para Castela e a oriental para Portugal.
Como condicións, os Reis Católicos estaban obrigados a enviar sacerdotes para evanxelizar aos indíxenas das Indias.
Os portugueses non estaban dacordo co meridiano que establecía a división, co que haberá, unha nova solución. O conflito será resolto definitivamente coa firma do Tratado de Tordesillas en 1494, no cal a liña demarcatoria da Segunda Bula foi desprazada ata 370 leguas ao Oeste de Cabo Verde. Un gran cambio para Portugal e para a Historia!!! Pois os portugueses quedaron con Brasil.
- O descobremento de América foi un dos acontecementos máis importantes da Historia europea. Ata 1492, o mundo coñecido polos europeos xa vimos que era bastante limitado. A exploración do continente americano, así como os restantes descobrementos e e exploracións que se van realizar ao longo do século XVI amplian os coñecementos sobre o mundo coñecido (continentes e océanos), de especies animais e vexetais novas, así como un desenvolvemento da cartografía (proxección de Mercator na imaxe) e un avance nas ciencias.
- Os descubrimentos supuxeron o comezo da hexemonía europea sobre o resto do mundo. Os países de Europa iniciaron unha loita por ampliar os seus dominios noutros continentes, para beneficiarse do comercio e explotación de riquezas. Unha rivalidade que se prolongará durante séculos. Durante o século XVI España convertirase na principal potencia europea, pero, como contrapartida, abriránselle numerosas frontes e guerras con outras potencias europeas, quedando relegada por Francia no século XVII.
- Os produtos de orixe colonial tamén, nun principio, repercutiron pouco na poboación peninsular. Só as clases dirixentes consumiron produtos como o cacao ou o tabaco. Co tempo, a entrada de produtos como a pataca ou o maíz iría crecendo, aínda que, por exemplo, a pataca sería utilizada como alimento para o gando antes de ser consumida polos seres humanos.
- A chegada de metais preciosos, ouro e prata (moedas dos Reis Católicos e minas de Potosí nas imaxes), terá consecuencias importantes para a economía e provocará alteracións nos prezos cunha inflación que levaría a falar de revolución dos prezos.
A relación entre os territorios conquistados e Catela basouse na crenza de que o novo continente era un territorio subordinado que había que explotar (materias primas e man de obra) e no que se podían vender as mercadorías manufacturadas levadas desde Castela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario