mércores, 25 de febreiro de 2015

#OZGECANNICINMINIETEKKGIY




O brutal asesinato da moza turca Ozgecan Aslan, que se enfrentou aos seus violadores antes de ser queimada e de que o seu corpo fose arroxado ao río, motivou numerosas mostras de indignación e protestas. 

O hashtag #OzgecanAsal xerou miles de twits, e moitas mulleres difundiron fotografías vestidas de negro. Nos últimos días, un novo hasthtag #ozgecannicinminietekkgiy, traducido como "viste unha minifalda por Ozgecan", comezou a circular, acompañado dunha fotografía dun home vestindo unha falda curta. O que se busca con esta campaña, ademais de protestar pola morte de Ozgecan, é defender a idea de que a forma de vestir dunha muller non debe ser en ningún caso un motivo que xustifique o acoso sexual. 

Fai uns meses os medios tamén facían eco da noticia dun documental People's Girls (As rapazas do pobo), da estadounidense Colette Ghunim e a belga Tinne Van Loon, ás cales lles chou ao chegar ao Cairo (Exipto) ata que punto estaba ominpresente o acoso sexual nas rúas da capital exipcia. A súa forma de denunciar esta situación foi un documental. A súa grabación foi posible grazas ao éxito de Creepers on the Bridge (Os noxentos da ponte), un vídeo de dous minutos que colgaron en agosto para promocionar o seu proxecto. Inspirado noutra grabación que reflexa o acoso sexual que experimentan unha rapaza nas rúas de Nova York (do director Rob Bliss), Ghunim rexistrou cun teléfono as reaccións dos homes que se cruzaba mentres camiñaba pola ponte de Qasr al-Nil, no centro de O Cairo. 


Contrariamente ao que ditaría a intuición, as situacións de maior risco danse non lugares máis concurridos, como as manifestacións, celebracións públicas ou medios de transporte, e a plena luz do día. No pasado xuño unha moza sufriu unha brutal agresión sexual por parte dunha docena de homes na emblemática praza Tahrir, o epicentro da revolución de 2011, durante unha concentración pola vitoria do xeneral Abdelfattá al Sisi nas eleccións presidenciais. 

Unha das máis reiteradas xustificacións de quenes disculpan estes comportamentos consiste en atribuír a responsabilidade ás vítimas, sobre todo, pola súa forma de vestir. Porén, os datos contradicen estes argumentos. Según un estudo da ONU, un 75% das mulleres acosadas vestían de forma pudorosa. "Unha das mulleres que estrevistei díxome que sufría acoso incluso levando un velo integral que lle tapaba o rostro", sentencia Van Loon. 

Pero non fai falla ir a Oriente, en contextos islamizados, posto que durante a pasada fin de semana, no partido de fútbol entre o Betis e o Xirona, un grupo de aficcionados do Betis comezou a cantar contra a exmoza do xogador do Betis, Rubén Castro, que está acusado de catro delitos de maltrato. Vergoñenta e inxustificable actitude. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario