"No
inicio do século VIII, o reino visigodo de Toledo atravesaba unha
profunda crise na súa política, económica e social. (...) A
monarquía foise debilitando, debido á forza crecente dos nobres e o
proceso de ruína do Estado era imparable. (...). Neste proceso, o
panorama da península nos anos 710-711 presentaba un escenario de
enfrontamentos constantes entre diferentes faccións da aristocracia,
vistos con indiferenza polo resto da sociedade, e convertidas as
zonas dominadas polos nobres en pequenas illas practicamente
independentes. Cando naqueles anos, Witiza asociou o trono ao seu
fillo Akhila, os nobres enfrentáronse co seu propio candidato,
Rodrigo, e logrou dominar ao débil monarca. Con todo, este novo rei
aupado polos nobres, non conseguiu as adhesións suficientes para
xestionar as hordas de bérberes chamados no seu auxilio polo grupo
defensor dos dereitos de Akhila. (...) Foi así como os atacantes se
levaron por diante as desorganizadas tropas de Don Rodrigo, en 711,
coa aprobación dos distintos sectores sociais (algúns xudeus,
posiblemente), fartos do clima de inestabilidade e recesión
económica baixo a inseguridade visigótica."
Juan
Luis Puente López, Reyes
y reinas del reino de León.
Ed. Edilesa.
a
Don Rodrigo en Guadalete. Once anos nos que se suceden as desercións dos
nobres visigodos, que prefiren pactar cos recén chegados a
perder os seus bens e ... as súas cabezas. Un exemplo sería o
nobre Tudmir,
señor dun inmenso territorio en Levante. O seu pacto co invasor
serve de modelo para explicar o que aconteceu en outros moitos
casos.
Pero
non todo o territorio, nin toda a poboación hispanovisigoda está
baixo o dominio musulmán. Un núcleo occidental, na franxa
cantábrica, e un núcleo oriental, nos Pirineos. Na cordilleira
Cantábrica xurdiu o
reino astur-leonés.
Nos Pirineos, a rexión convertérase nun territorio fronteirizo
entre o reino franco e o poder musulmán, de tal forma que Carlomagno
fundara a Marca
Hispánica,
un
territorio divido en condados, que darían lugar a tres núcleos
diferentes: Navarra,
Aragón e os condados cataláns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario