martes, 24 de febreiro de 2015

OS DESERTOS DA PENÍNSULA



Imaxes do deserto de Monegros en Aragón. Los Monegros é unha rexión situada entre as provincias de Zaragoza e Huesca que presenta un clima semi-desértico. O relevo presenta unha estrutura tabular, cunha base de xesos, sobre os que estratifican alternadamente margas, arxilas e areniscas, coroadas por areniscas e calizas.


O deserto de Tabernas (imaxe superior e inferiores) está en Almería. As poucas chuvias soen ser torrenciais, co que o solo de margas e areniscas sedimentarias e moi pouca vexetación non consigue reter a humidade, senón que sofre erosión formándose unha paisaxe de badlands, como a que vemos na imaxe. 

O deserto de Tabernas foi escenario cinematográfico nos anos 60 e 70 das películas coñecidas como spaghetti western, sendo moi coñecidas as películas do director Sergio Leone, aínda que tamén ser rodaron western estadounidenses. Os westerns máis famosos son os protagonizados por Clint Eastwood como Por un puñado de dólares, A morte tiña un prezo e O bo, o feo e o malo. Tamén ser rodaron películas doutros xéneros como Indiana Jones e a última cruzada (1989) ou máis recentemente Éxodus (2013) de Ridley Scott. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario