MAPAS INTERACTIVOS PARA TRABALLAR O RELEVO, AS COSTAS E OS RÍOS DA PENÍNSULA IBÉRICA E DO RELEVO DE GALICIA E DAS COSTAS E RÍOS GALEGOS.
ENLACES SOBRE OS MEDIOS NATURAIS DA PENÍNSULA.
A LAURISILVA nas ILLAS CANARIAS
FACTORES
QUE DETERMINAN O CLIMA NA PENINSULA:
1.
Latitude. A península está situada na
zona temperada, propicia a existencia marcada de dúas estacións,
inverno e verán. A situación xeográfica determina o clima
peninsular, canto máis ao Norte máis chuvia e temperaturas máis
frías. As illas Canarias están en
latitudes próximas ao trópico de Cáncer,
por iso presenta un clima subtropical e
unha menor oscilación térmica.
2.
A situación entre dous mares, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
- O océano Atlántico suaviza as temperaturas e alimenta as borrascas que chegan polo Oeste. Os ventos húmidos que traen chuvia proceden do Oeste. Por iso, chove máis na zona occidental peninsular que na oriental.
- O mar Mediterráneo, ao ser un mar pequeno e pechado, non suaviza tanto as temperaturas, por iso os veráns da rexión mediterránea son calorosos.
3.
A disposición
periférica do relevo. Ailla o
interior peninsular da influencia do mar, de tal forma que se
comportan como barreiras que impiden que os ventos húmidos cargados
de chuvias cheguen ao interior, especialmente a determinadas zonas
como Almería e o val do Ebro (zona media), as zonas máis áridas da
Península.
4. A
forma maciza e extensa da Península, determina
que o mar afecte pouco o interior da península. Provoca que os
veráns sexan calorosos e os invernos fríos no interior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario