"Marx di que as revolucións son as locomotoras da Historia Universal. Pero quizais as cousas son totalmente distintas. Quizais as revolucións son o recurso ao freno de seguridade por parte do xénero humano para impedir que o tren remate no abismo". Walter Benjamin.
"Defende o teu dereito a pensar, porque incluso pensar de forma errónea é mellor que non pensar" Hypatia.
mércores, 1 de maio de 2013
1º MAIO
Hoxe vimos de celebrar o día do traballador, rara avis nestes tempos, pero por que o primeiro de maio? O Día Internacional dos Traballadores, o Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Quedou establecido como tal no Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889 (a institucionalización do 1 de maio como día do traballador tivo lugar no Congreso de Bruselas de 1891). O feito que da orixe á elección deste día é unha homenaxe aos Mártires de Chicago.
A Historia dos Mártires de Chicago comeza nunha convención da Federación de traballadores de Estados Unidos e Canadá en 1884. Nesta convención, a Federación chamou aos traballadores a loitar pola xornada laboral de 8 horas (que se viña reclamando desde a década de 1860), para sustituir o día laboral de 10,12 e ata 16 horas que prevalecía. A Federación declarou que a xornada de 8 horas entaría a efecto o 1º de maio de 1886.
O primeiro de maio de 1886, Albert Parsons, líder da organización laboral "Cabaleiros do Traballo de Chicago", dirixiu unha manifestación de 80 mil traballadores a través das rúas de Chicago, solicitando a reducción do horario laboral a 8 horas diarias. O lema daquela manifestación foi "oito horas de traballo, oito de descanso, oito de lecer". Na realidade, xa existía unha lei que marcaba unha xornada laboral de 8 horas, a Lei Ingersoll, pero nos contratos laborais, os empresarios engadían unha letra pequena que obrigaba aos obrerios a traballar 14 ou 16 horas se a empresa o requería. E requeríao a diario. Nos seguintes días uníronse a esta demanda 350.000 traballadores de toda a Unión Americana, que iniciaron unha folga nacional que afectou a máis de mil fábricas. A unión dos traballadores causou moita alarma entre os empresarios e na prensa, pois viron o inicio dunha "revolución" nas manifestacións. A represión da policía, por orde das autoridades, non tardaría en chegar.
Os anarquistas convocaron unha reunión a noite do 4 de maio de 1886 no mercado da cidade (Haymarket) co propósito de protestar pola brutal acción policial que se estaba a producir. Cando a reunión estaba rematando, a policía pediu que a reunión se dispersara, e neses momentos estalou unha bomba que matou a un policía. Armouse un alboroto e a policía comezou a disparar. O saldo foron sete policías mortos, catro traballadores e moitos feridos. Nunca se soubo quen lanzou a bomba, pero este incidente tomouse como pretexto para perseguir a anarquistas e organizacións laborais ao longo do país. O 21 de xuño de 1886, oito líderes laborais (Parsons, Spies, Fielden, Schwab, Fischer, Lingg, Engle e Nebee) foron acusados de conspiración para provocar un asesinato pola explosión da bomba que matou ao policía. No xuízo, que condenou a sete deles a morrer aforcados e a un a 15 anos de cárcere, estivo chego de mentiras e manipulacións. A prensa tamén puxo o seu grao de area: "lunáticos antipatriotas", "rufiáns roxos comunistas", "brutos asesinos". O 11 de novembro de 1886 foron aforcados catro deles. Louise Lingg suicidouse en prisión e Fielden, Nebee e Schwab logaron conmutar a pena de morte por cadea perpetua. O caso de Haymarket provocou un escándalo internacional. O gobernador Oglesby recibiu centos de miles de cartas pedíndolle clemencia para os condeados, pero todo foi inútil. A verdadeira causa da morte non foi a explosión da bomba, senón a súa capacidade para organizar á clase obreira na demanda de melloras laborais.
Recollemos unha frase do relato que escribe sobre a execución o corresponsal en Chicago, José Martí, do xornal La Nación de Buenos Aires (Arxentina). Spies grita: "a voz que ides a sofocar será máis poderosa no futuro que unhas cantas palabras puidese eu dicir agora".
A xornada laboral de 8 horas en Estados Unidos tivo que esperar ata 1935 para ser aprobada, durante a presidencia de Franklin D. Roosvelt.
Resulta paradóxico, á vez que significativo, que en Estados Unidos e Canadá non se celebra esta conmemoración. No seu canto, celébrase o Labor Day o primeiro luns de setembro, un día sen significado histórico, nun desfile realizado en Nova York.
luns, 29 de abril de 2013
ALDO VAN EYCK
Na Europa da postguerra, debido aos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, as cidades eran unha mistura de edificios que sobreviviran á barbarie e soares baleiros tras as labores de desentullo. En Amsterdam, a finais da década dos 40, a xefa do Departamento de Planificación Urbana, Jakoba Helena Mulder, consciente das poucas zonas de xogo que existían na súa cidade para os nenos, promulga unha lei mediante a cal calquera cidadán podía identificar un baleiro na cidade e comunicarllo ao Concello para solicitar construír nel unha zona de xogos. Estes baleiros podían ser soares entre medianeiras, terreos desentullados ou beirarrúas. Con esta información, o Concello supervisaba o soar e poñía en marcha a construción de dito espazo lúdico.
O arquitecto elexido para tal fin foi Aldo Van Eyck, quen entre 1948 e 1978 diseñou máis de 700 parques infantís. Estas áreas destinadas ao público infantil construíronse tendo en conta a economía de postguerra da época, con materiais baratos e moita imaxinación.
Malia modestia da súa escala, os parques infantís foron a súa aportación máis significativa como arquitecto. Unha aportación que fai as cidades máis humanas, máis vivibles, aproveitando "espazos mortos", que son devoltos á cidadanía.
Van Eyck tamén foi pioneiro en introducir nos seus traballos o punto de vista dun usuario que normalmente se esquece: os nenos. De feito, parece que a preocupación polos nenos estivo moi presente na súa vida como arquitecto, pois ten unha obra inédita titulada O neno, a cidade e o artista. Pero, o esquema de parques de Van Eyck tamén expresa de forma actualizada unha continuidade cultural ben asentada da cultura holandesa. O "xogo de nenos" ou kinderspelen de Pieter Bruegel o Vello, representado en emprazamentos urbanos recoñecibles, foi motivo recurrente na pintura holandesa. E de aquí a unha idea poética: o tema Kinderspelen traía á mente de Van Eyck a metamorfose que acontece nunha cidade tras unha tormenta de neve. A cidade é tomada polos nenos quen se converten temporalmente nos "señores da cidade". Para Van Eyck a neve era "un gran truco dos ceos" que ofrece ao neno xúbilo. Por iso, diríxese aos arquitectos e autoridades pedidno concebir algo para os nenos máis permanente que a neve, que lles ofreza a posibilidade de moverse con liberdade entre os medios arquitectónicos da cidade. Non deu detalles de como ese novo sistema de diseño urbano debería ser pero si indicou que era importante que non fose algo illado, senón un patrón regular implantado en toda a cidade. Unha cidade ao servizo dos nenos e nenas. Fermoso, non si?
DALÍ
"Eu o único que quero ser é Salvador Dalí e nada máis". Houbo poucos artistas ao longo da Historia da Arte que se venderan tan ben a si mesmos como Salvador Dalí.
A semana pasada inaugurouse no Centro Reina Sofía de Madrid unha gran retrospectiva sobre Salvador Dalí, o gran mestre do surrealismo, e que poderá visitarse ata o 2 de setembro. Expóñense máis de duascentas obras entre pinturas, esculturas e debuxos, de cada unha das súas etapas máis significativas, pero tamén nos achega á súa participación no mundo a fotografía, teatro e cine. Por exemplo, Un can andaluz con Luis Buñuel ou os decorados da película de Hitchcok Recorda (Spellbound).
A semana pasada inaugurouse no Centro Reina Sofía de Madrid unha gran retrospectiva sobre Salvador Dalí, o gran mestre do surrealismo, e que poderá visitarse ata o 2 de setembro. Expóñense máis de duascentas obras entre pinturas, esculturas e debuxos, de cada unha das súas etapas máis significativas, pero tamén nos achega á súa participación no mundo a fotografía, teatro e cine. Por exemplo, Un can andaluz con Luis Buñuel ou os decorados da película de Hitchcok Recorda (Spellbound).
Comeza
cun espazo adicado aos autorretratos
e á alusión á figura e á paisaxe, nunha
etapa de aprendizaxe do artista, coa súa familia como modelo en
moitas das súas obras. Por exemplo, a moza
que mira pola fiestra aberta
é súa irmá.
A
continuación, a exposición achéganos ao período no cal Salvador
Dalí estivo na Residencia
de Estudantes de Madrid en 1922, onde
coincidiu con Federico
García Lorca e Luis Buñuel,
entre outros, e onde tamén experimentou con diferentes "ismos"
do século XX, como o cubismo e o futurismo.
Tras este período inicial, Dalí adéntrase no surrealismo. Esta etapa tamén está marcada polo coñecemento de Gala, a súa musa e compañeira de vida. Faise especial fincaé no "método paranoico-crítico" desenvolvido polo artista. Este método baseábase na psicoanálise de Freud. O descobremento de Freud marcará a obra de Dalí, atopando nel a explicación aos seus temores e obsesións: medo ao contacto físico co sexo contrario, medo á castración, medo a impotencia, á morte e á putrefacción. Na súa obra serán frecuentes elementos como as formas fálicas, os saltamontes, o león, as formigas, os reloxos brandos, etc. Desta época son obras como A persistencia da memoria.
Tras este período inicial, Dalí adéntrase no surrealismo. Esta etapa tamén está marcada polo coñecemento de Gala, a súa musa e compañeira de vida. Faise especial fincaé no "método paranoico-crítico" desenvolvido polo artista. Este método baseábase na psicoanálise de Freud. O descobremento de Freud marcará a obra de Dalí, atopando nel a explicación aos seus temores e obsesións: medo ao contacto físico co sexo contrario, medo á castración, medo a impotencia, á morte e á putrefacción. Na súa obra serán frecuentes elementos como as formas fálicas, os saltamontes, o león, as formigas, os reloxos brandos, etc. Desta época son obras como A persistencia da memoria.
A paranoia,
segundo a psiquiatría, é un trastorno mental caracterizado polos
delirios persecutorios ou de grandeza. Para Salvador Dalí foi un
procedemento creativo para profundizar nas oscuras realidades do
subconsciente. Os medos, os instintos ocultos que afloran
nos nosos soños, e, con frecuencia, as interconexión das imaxes
carece de sentido, aínda que aparecen moi nítidas e reais. Isto
trasládao Dalí ás súas obras. Serán habituais as obras nas que
aparecen imaxes dobres ou triples, é dicir, respresentacións dun
obxecto que sexa, ao mesmo tempo, a representación doutro obxecto
diferente. Na sección titulada O Anxelus pódese
observar o interse de Dalí pola obra de Millet e o método
paranoico-crítico levado á súa máxima expresión.
A Guerra
Civil española, a Segunda Guerra Mundial e
a súa estancia en Estados
Unidos entre 1940 e
1948 tamén teñen cabida nesta mostra. O conflito internacional e a
catástrofe nuclear de Hiroshima e Nagasaki trasforman
a obra do pintor. Comeza unha etapa mística e nuclear, tratando
temas relixiosos e outros relacionados cos avances científicos da
época, mostrándose especialmente interesado nos progresos
referentes á fusión e fisión nucleares, como en obras A
máxima velocidade da Madonna de Rafael.
Agora ben, tamén en Estados Unidos Dalí entra en contacto cun novo
público e busca "vender a marca Dalí". Fai portadas para
a revista Vogue e
colabora con Hithcok ou con Watl Disney. "Oh,
Salvador, agora o sabes, xogando a ser un xenio, chégase a selo!".
ETNA
O Monte Etna, situado na illa italiana de Sicilia, é o volcán máis elevado de Europa, e, ademais, un dos máis activos do mundo. Esta fin de semana entrou de novo en erupción, deixando espectaculares imaxes. Os expertos aseguran que non hai perigo para as poboacións que se atopan próximas, entre elas a cidade de Catania.
domingo, 28 de abril de 2013
DESGANAS
Si cuarenta mil niños sucumben diariamente
en el purgatorio del hambre y de la sed
si la tortura de los pobres cuerpos
envilece una a una a las almas
y si el poder se ufana de sus cuarentenas
o si los pobres de solemnidad
son cada vez menos solemnes y más pobres
ya es bastante grave
que un solo hombre
o una sola mujer
contemplen distraídos el horizonte neutro
pero en cambio es atroz
sencillamente atroz
si es la humanidad
la que se encoge de hombros
en el purgatorio del hambre y de la sed
si la tortura de los pobres cuerpos
envilece una a una a las almas
y si el poder se ufana de sus cuarentenas
o si los pobres de solemnidad
son cada vez menos solemnes y más pobres
ya es bastante grave
que un solo hombre
o una sola mujer
contemplen distraídos el horizonte neutro
pero en cambio es atroz
sencillamente atroz
si es la humanidad
la que se encoge de hombros
Mario Benedetti - El olvido está lleno de memoria.
mércores, 17 de abril de 2013
A DAMA DE FERRO
Onte foi o enterro de Margaret Thatcher. Nada en 1925 no seo dunha familia modesta, pois era filla dun tendeiro. Foi a primeira muller, e polo momento a única, en ocupar o cargo de primeira ministra en Reino Unido. Gañou as eleccións británicas en 1979 e mantívose no poder ata 1990, liderando o partido conservador británico. Moitos anos que, evidentemente dan para moito, ata unha guerra con Arxentina, a Guerra das Malvinas (1982) que segue a traer cola cada vez que un político británico ou representante da casa real visita o arquipélago. Onte foi enterrada con honores militares e unha gran parrafernalia en Londres. Non vou entrar en valoracións do que fagan os británicos. Alá eles. Pero, resúltame unha broma de mal gusto a idea de darlle o seu nome a unha rúa en Madrid, por riba, a mesma semana que tamén falece o humanista, escritor e economista José Luis Sampedro, e xa non por barrer para a casa, pois era español, senón polo que a súa persoa significou no eido cultural. Evidentemente, non todos os británicos son favorables a Thatcher. Só un exemplo. O cineasta Ken Loach ante o seu falecemento dixo: Como deberiamos honrala? Privaticemos o seu funeral. Sáquemolo a concurso público e aceptemos a oferta máis barata. É o que ela tería desexado. Ken Loach é un director británico moi coñecido pola temática social que sempre da ás súas películas, pero no seu caso esa temática social é compromiso social para denunciar o que considera inxustizas do sistema derivadas das decisións políticas de Thatcher. Non é estrano que a Margaret Thatcher non lle gustase o seu cine! Películas como Riff-Raff, Chovendo pedras, O meu nome é Joe, Ladybird, Ladybird, Felices dezaseis ...
Alcumada a "Dama de Ferro" por un xornalista soviético en 1976. Deu boa conta do seu sobrenome ao longo da súa carreira política.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















.jpg)
