O
mar de Aral sécase. As imaxes tomadas polos satélites ao longo dos
últimos anos confírmano. O que fora considerado un dos lagos máis
grandes do mundo leva medio século secándose e en 2014 estará
prácticamente desaparecido.
Privado
das augas dos ríos Amou-Daria e Syr-Daria, desviados para regar as
zonas desérticas dos arredores e transformalas en terras
cultivables, o lago secouse rapidamente. Desde o ano 2000, a súa
superficie tense reducido á metade.
As
consecuencias son importantes: a auga, cada vez máis salgada,
contaminouse considerablemente, e os residuos no fondo do lago que
agora quedan ao aire, voan e exténdense polos campos. Ademais, a
temperatura da zona aumenta en verán e baixa en inverno de forma
máis extrema ao faltar esa reserva de auga que servía como
regulador, como termostato.
Como
explicou a NASA, creouse unha presa no ano 2005 como derradeiro
esforzo para preservar o norte do Mar de Aral, pero condenouse á
extinción á parte sur.
Ningún comentario:
Publicar un comentario