Google adica o Doodle de hoxe ao aniversario
119 do nacemento de Anna Freud, a filla máis pequena dos seis fillos de Sigmunf
Freud, o pai da psicoanálise. Anna foi a única que continuou co camiño da
psicoanálise, centrándose na psicoanálise infantil.
Anna comezou as súas prácticas como profesora
en Viena, Austria, en 1920, cando tiña 25 anos, e en tres anos logrou
desenvolver o seu propio método de análise. Durante este período demostrou que
é durante a infancia cando se asentan as bases do desenvolvemento mental da
persoa.
En 1935 foi directora do Instituto de
Formación Psicoanalítica de Viena, pero en 1938 tivo que exiliarse en Londres
debido á ocupación Nazi. Foi alí onde fundou a Hampstead Child Therapy Course
and Clinic, un centro para formar especialistas en materia de coñecemento sobre
o comportamento de menores. A escola foi rebautizada como Anna Freud Centre
(Centro Anna Freud) despois da súa morte en 1982.
Ningún comentario:
Publicar un comentario