16
activisas e un fotoperiodista independiente expóñense a case tres
anos de cárcere por unha unha acción pacífica na central nuclear
de Cofrentes (Valencia) nun xuízo que comeza mañá en
Valencia.
O
barco Arctic Sunrise, símbolo do activismo
pacífico, está na cidade do Turia para mostrar o seu apoio aos 17
encausados.
Durante
a fin de semana terán lugar actividades baixo o lema #Mision
45, o dereito de defender o medio ambiente, coincidindo coas
celebracións do Día da Constitución.
A
un día de que comece o xuízo máis duro ao que se enfronta
Greenpeace nos seus 30 anos de presenza en España, a organización
quere mostrar o seu total apoio aos 16 activistas e un fotoperiodista
independente que se expoñen a dous anos e oito meses de cárcere por
unha protesta pacífica realizada en febreiro de 2011 na que se
pintou "PERIGO NUCLEAR" sobre unha das
torres de refrixeración da central nuclear de Cofrentes. Ademais da
cuantiosa multa a que o grupo ecoloxista tería que afrontar.
O
director da organización, Marío Rodríguez, recordou que Greenpeace
leva 30 anos de activismo pacífico en España defendendo o
medio ambiente, un dereito e un deber que recolle
a Constitución no artigo 45. É xusto e
proporcionado que por pintar "perigo nuclear" nunha torre
de refrixeración en Cofrentes, 16 activistas e un fotoperiodista
podan acabar no cárcere? Non pode saír máis caro defender
o medio ambiente que destruílo, subraiaba Rodríguez a
bordo do Arctic Sunrise.
Apoiémolos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario