A parroquia ten xogado un papel fundamental na organización do espazo e a vida cotiá no mundo rural galego. a poboación galega do rural ten un sentimento máis forte de pertenza á parroquia que ao municipio correspondente, en boa parte debido ao noso poboamento disperso. Por esta razón, a parroquia, máis que un mero territorio de administración relixiosa, como sucede noutras zonas, constituíu en Galicia un dos focos principais da vida socioeconómica das comunidades rurais. A pertenza á parroquia conleva en Galicia unha serie de vínculos inmateriais compartidos polos veciños de varios lugares: un sentimento de comunidade, lazos de solidariedade mutua e cooperación agraria, festas e tradicións comúns.
Pero de onde vén a parroquia?
O parroquial suevo, tamén coñecido como división de Teodomiro é un documento redactado na segunda metade do século VI no que se recolle a organización administrativa eclesiástica do reino suevo.
Pero de onde vén a parroquia?
O parroquial suevo, tamén coñecido como división de Teodomiro é un documento redactado na segunda metade do século VI no que se recolle a organización administrativa eclesiástica do reino suevo.
O
texto comeza cun preámbulo no que se reproduce unha carta dirixida polo rei
Teodomiro aos bispos reunidos no concilio de Lugo no ano 569, na que se
expón a necesidade de reorganizar a igrexa sueva, creando novas dioceses
e elevando a de Lugo a metropolina, a continuación contén unha relación das 13
dioceses existentes na Gallaecia naquela época (Braga, Oporto, Lamego, Coímbra,
Viseu, Dumio, Egitania, Lugo, Ourense, Astorga, Iria, Tui, e Britonia) e as
parroquias correspondentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario