En
Galicia conservánse uns 60 taboeiros deste tipo documentados. Eran
xogos lúdicos de estratexia militar. Están tallados na pedra e os
máis antigos pertencen a épocas da romanización. Son as tabula
latruncularia, para xogar ao latrunculi,
un xogo similar ás damas aos que xogaban os romanos.
Podemos
atopalos en rochas próximas ás pontes, preto de muíños de auga,
en lugares onde no seu día estivo unha fortificación, ou, tamén en
lugares relixiosos, como a Catedral de Tui ou a de Ourense, onde se
atoparon seis taboeiros de época medieval. Cinco vense sobre a
bancada ancorada ao muro da nave lateral sur, aos pés do templo.
Ademais dun taboeiro para o xogo do latrunculi, hai outros para o
alquerque de doce e de nove. A súa localización na catedral
fainos pensar que os xogos realizábanse a escondidas das autoridades
relixiosas quizais pola súa prohibición, isto fáinolo pensar por
estar situados o máis lonxe posible da zona de culto. Na provincia
de Ourense hai outros xogos similares na igrexa de Touza (Taboadela),
no santuario de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz) ou na
igrexa de Beade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario