O Tapiz de Bayeux, tamén coñecido como tapiz da raíña Matilde, é un gran lenzo bordado, que relata os feitos acontecidos entre 1064 e 1066, cando ten lugar a conquista de Inglaterra polos normandos e o transcurso da decisiva batalla de Hastings (1066). Ten unhas grandes dimensións: 68,8 metros de longo, 50 centímetros de altura e un peso duns 350 kg.
A tradición francesa atribúe á peza á raíña Matilda, esposa de Guillerme o Conquistador,
a as súas serventas, de aí o sobrenome de "Tapiz da raíña Matilda". A hipótese historiográfica máis aceptada é que foi realizado por mandato de Odón, arzobispo de Bayeux e medio irmán de Guillerme para servir de decoración á catedral de Bayeux o día da súa consagración, o 14 de xullo de 1077.
O relato comeza en 1064 cando o rei Eduardo de Inglaterra, sen herdeiro directo, envía ao seu cuñado Harold o Saxón a Francia para que ofreza a coroa ao seu curmán, Guillerme de Normandía. Malia xurar fidelidade a Guillermo, Harold faise coa coroa ao seu regreso a Inglaterra, debido á morte de Eduardo o 5 de xaneiro de 1066. Guillerme prepara durante varios meses unha gran armada e desembarca co seu exército en Sussex, derrotando e dando morte a Harold e as súas tropas nos campos de Hastings.
Contén 58 esceas que retratan con cuidado e detalle a chegada ao trono de Guillerme I de Inglaterra. Un exemplo é a presencia dunha das primeiras representacións artísticas do cometa Halley que foi visible no ceo de Inglaterra entre o 24 e 30 de abril de 1066 e foi interpreta como un mal agoiro na coroación do rei Harold II de Inglaterra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario