Sabemos que hai varios factores que inflúen no tipo de clima e, concretamente, na temperatura, que podemos atopar nunha determinada rexión.
A
latitude,
que determina a intensidade coa que os raios solares quentan a
superficie terrestre, de xeito que na zona intertropical falamos de
zona cálida.
A
proximidade ao mar
que
actúa como regular térmico e suaviza a oscilación de temperatura,
xa que demora máis tempo que a terra en quentarse a arrefríar.
A
altitude sobre o nivel do mar, posto que a temperatura diminúe
a razón de 0,6 ºC cada 100 m de altitude. Parece que nas montañas
debería ir máis calor que nas chairas xa que reciben antes as
radiacións solares. Así e todo, sabemos que, segundo se vai
ascendendo unha montaña a temperatura diminúe. Isto é debido a
que, coa altitude, as capas do aire son menos densas e non son
capaces de reter a calor.
Por outra banda, a atmosfera non se quenta
de arriba-abaixo, senón de abaixo-arriba. É dicir, cando os raios
solares entran na atmosfera un 30% da súa enerxía é reflexada
(rebota cara o espazo), un 19% é absorvida pola atmosfera, e un 51%
chega á Terra. A Terra recibe unha cantidade importante de enerxía,
quéntase, e, á súa vez, quenta as primeiras capas de aire en
contacto co chan. Por iso, a atmosfera quéntase de abaixo cara
arriba.
Vaiamos
a
esta animación onde
un meteorólogo está a punto de lanzar unha sonda meterolóxica cun
termómetro para calcular a variación de temperatura coa altitude.
As correntes mariñas son como grandes ríos que descorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das corentes e a do resto do mar non se mestura porque son moi distintas en aspectos como a temperatura, a densidade e mais a salinidade. Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se é inferior, fría.
Orixinadas pola rotación do planeta, a radiación solar e a circulación xeral atmosférica, as diferenzas de temperaturas, densidade e salinidade, xeran movementos de convección na masa de auga que cobre o planeta, chamados circulación termohalina.
As correntes mariñas tamén xogan un papel fundamental na distribución climática, pois exercen de repartidoras de calor por todo o planeta. A auga cálida é levada desde latitudes tropicais cara á latitudes máis altas (zonas polares), e a auga fría é desprazada cara aos trópicos.
As correntes mariñas modifican o clima das costas porque as quentan ou as arrefrían. As costas, bañadas por unha corrente fría adoitan ser moi áridas porque a auga fría non se evapora e, polo tanto, o aire é seco. As costas que reciben correntes cálidas adoitan verse libres de xeo e a chuvia acostuma a ser máis abundante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario