Hoxe
os meus alumnos e alumnas de 2º ESO ao comentar a imaxe de Santa
María de Tahull (Lleida) preguntábanme por que Baltasar non eran
negro.
Cantos
eran os Reis Magos? Quenes eran? Como eran? As fontes escritas sobre
as que se basou a iconografía destes personaxes non coincidían en
número, porque o Evanxelio de San Mateo, o único que conta a
adoración dos Reis (Epifanía), non dicía nada de cantos foron.
Podían ser dous, catro ou hasta doce.
Por
que se optou por tres? Os tres agasallos (ouro, incenso e mirra) que
ofreceron a Xesús levaron a pensar que foron tres os Magos de
Oriente, así como tres eran as partes do mundo que se coñecían na
Idade Media: Asia, África e Europa, de forma que se correspondía
coas tres razas do xénero humano das que fala a Biblia, descendentes
de Sem, Cam e Jafet, os fillos de Noé. Pero, o feito de que as
autoridades relixiosas acabaran fixando o seu número en tres foi
relacionado co misterio da Santísima Trinidade. Pero ata entón,
esta indefinición levou, por exemplo, a que despois do descubremento
de América se representara nalgunha ocasión a un cuarto rei, un rei
das Indias Occidentais, para personificar o cuarto continente recén
descuberto.
Cando
pasa a representarse Baltassar coa pel de cor negra? Pois cara finais
do Gótico. Esta proposta tivo a súa orixe en Alemania, a comezos do
século XV, e acadou gran difusión en toda Europa na segunda metade
da centuria. E de aí, ata os nosos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario