sábado, 30 de marzo de 2013

AS WELLIES


Cando éramos pequen@s era habitual chamar katiuskas ás botas de auga. Esas botas de goma, de caña alta, para días chuviosos. Un nome, katiuska, que soa a ruso non porque as botas viñeran de Rusia, senón porque as levaba a protagonista da zarzuela, Katiuska, de Solorzábal. Pero estas botas son coñecidas tamén co nome de "wellies" ou Wellington boots, dado que a súa orixe está relacionada co Duque de Wellington. Polo tanto, ademais de ter un papel destacado na batalla de Waterloo fronte as tropas napoleónicas, o aristórcrata inglés foi tamén creador de moda. No século XIX, o Duque Wellington encargou ao seu zapateiro da rúa St. James, en Londres, para que lle modificase o diseño das súas botas, inspirándose na cabalería alemana. A partir dese momento, comezaron a gañar adeptos entre as familias terratenentes. Optouse pola cor verde, inicialmente, porque era unha cor facilmente camuflable nas cazerías. 


As Wellington boots eran inicialmente de coiro. Sen embargo, en 1852, Hiram Hutchison coñeceu a Charles Goodyear, quen inventara o proceso de vulcanización do caucho natural. Goodyear deciu fabricar neumáticos, pero Hutchinson comprou a patente para a fabricación de calzado e trasladouse a Francia onde introdución das botas de caucho do tipo Wellington, impermeables, foi un éxito, dado que o 95% da poboación era campesiña e traballaba nos campos con zocos de madeira. 
A produción da bota Wellington veríase impulsada coa chegada da Primeira Guerra Mundial pois era moi adecuada nas condicións de asolagamento das trincheiras. A empresa North British Ruber (agora Hunter Boot Ltd) foi a encargada polo Ministerio de Guerra británico para fabricar unha bota axeitada a tales condicións. Na Segunda Guerra Mundial, de novo, foi esta empresa a encargada de suministrar ao exército inglés. Despois da guerra, este tipo de bota xeneralizouse como bota de traballo en moitas industrias, adaptada con punteira de aceiro para ser máis segura e protexer mellor o pé. E de aí, á moda das "wellies" nas rúas. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario