Un ano despois do secuestro masivo de máis de 200 nenas polo grupo yihadista de Boko Haram en Chibok (Nixeria) seguimos sen saber nada das rapazas. Despois do asalto á escola, só se viu as rapazas unha vez máis a través dun vídeo difundido polo grupo terrorista, que anunciaba que ía vendelas como esposas en diferentes países africanos (Nixeria, Chad, Níxer, Camerún e a República Centroafricana).
Non
podemos esquecelas, non podemos esquecer esta barbarie, seguimos
pedindo que as nenas volten ás súas casa, á súa vida, á
esperanza dun futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario