O Libro
dos Mortos demostra que os exipcios crían nun “Xuízo
Final” e que a vida do ser humano no máis alá dependía da vida
que levaría sobre esta terra. O Ka daqueles que foran xustos nesta
vida entrarían na vida eterna. Os que eran xuzgados como malos, eran
lanzados á deusa Amémet, a “tragoa”, aue foi representada coa
parte posterior de hipopótamo, a parte anterior de león e coa
cabeza de cocodrilo.
Os Tasadores
de Osiris, incorruptos, estritamente xustos e imparciais, pesaban
o corazón dos homes da “Gran Balanza” da verdade e a decisión
final de Osiris concordaba coa opinión de Thot, personificación da
xustiza eterna e Maat, a verdade.
O
peso dos corazóns na balanza era moi importante e sempre se incluía
unha viñeta da escea do Xuízo nos papiros onde estaba escrito
o Libro dos Mortos. O obxecto deste libro era permitir ao
difunto salvar os perigos que se lle presentaban despois da morte,
instruíndolo nas palabras que lle permitían ingresar aos diversos
estados do inframundo e aseguráballe a protección dos deuses.
O
carácter práctico dos exipcios determinou que moitos fosen
prefabricados, é dicir, non eran elaborados por encargo para unha
persoa concreta, senón que se deixaba un espazo en branco para
enchelo posteriormente co nome da persoa que o mercaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario