A Vila
dos Misterios, unha das máis visitadas de Pompeya, é
coñecida pola súa grandeza e, sobre todo, pola beleza das pinturas
que acolle, con esceas aos "misterios" do deus Baco e mundo
femininio. O seu nome deriva precisamente do ciclo de frescos do
triclinio (comedor). O ciclo de pinturas está relacionado cun rito
iniciático. Segundo os expertos podería ser a preparación dunha
moza ao matrimonio. Outros pensas que se trata dun rito onde cada
escea alude á vida do deus e á revelación do símbolo rexenedor da
vida. A escea enfoca a unha parella divina colocada no centro da
parede do fondo, na que aparecen Dionisio e Ariadna. Mentres as
esceas das paredes lateriais céntranse en dous temas relacionados
entre eles: por unha parte, o mundo de Dionisio e a iniciación aos
seus Misterios. Pola outra, a preparación dunha moza para a súa
voda.
A
Vila dos Misterios foi construída no século II a.C e sepultada pola
erupción do Vesubio no 79 d.C. Esta vila pertencía aos Istacidii,
unha familia acomodada e hábil para explotar as posesións agrícolas
que dispoñían arredor da súa residencia, cuns 2.500 metros
cadrados.
A
área arqueolóxica sufriu nos últimos tempos múltiples derrumbes,
folgas de persoal e incluso furtos, polos que se chegou fa falar de
que Pompeia sufre na actualidade unha "segunda destrución".
Ningún comentario:
Publicar un comentario