As Meninas, obra de Diego Velázquez, mostra unha excena cortesá. A escena sitúase segurante nun apouseto do Alcázar de Madrid, onde o pintor sevillano tiña o seu obradorio.
O cadro mostra a todas as figuras dispostas na parte inferior da composición.
No ángulo dereito están os ananos Mari Bárbola e Nicolás Pertusato. Detrás da infanta sitúanse a señora de honor (dona Marcela de Ulloa) e un gardadamas (probablemente Diego Ruíz de Azcona). Sorprende a gran modernidade no corte dalgunha das figuras e obxectos nas marxes do lenzo, detalle que achega unha gran dose de espontaneidade á escena e que foi empregado a finais do século XIX a raíz da influencia da fotografía.
Ao fondo vense as imaxes dos reis Felipe IV e Mariana de Austria reflectidas no espello.
Máis á esquerda está o autorretrato de Velázquez co pincel e a paleta nas súas mans, lucindo a Cruz da Orde de Santiago.
No último plano, tras unha porta, está o apousentador (José Nieto) da raíña.
Colgadas da parede aparecen dúas escenas mitolóxicas, copiadas de Rubens (Palas e Aracne) e de Jordanes (Apolo e Marsias).
Estes dous elementos, espello e porta, achegan ademais unha gran profundidade escénica. O espello reflicte algo que quizais estea fóra do espazo propiamente pictórico, os reis Felipe IV e a raíña, que están a ser retratados por Velázquez. a porta amplía o espazo visual.
Velázquez consegue retratar un instante de tempo paralizado, tal e como se reflicte nas miradas e nos movementos dos personaxes.
Velázquez utiliza indistintamente unha pincelada longa e fluída, con outra curta e precisa, que o axuda a perfilar os detalles dos vestidos das infantas. Trasmite con gran realismo texturas tan diferentes como a dureza da madeira, a rixidez dos vestidos das infantas ou a suavidade da pelaxe do can no que parece que se afundirá o zapato do anano.
Tamén destaca a captación da luz, tanto nos seus efectos xerais como nos detalles. Na obra existen dous focos luminosos; o que artificialmente irradia directamente sobre as figuras en primeiro plano, e o que entra na habitación a través da porta do fondo, deixando o resto da composición na penumbra. Á sua vez, Velázquez domina perfectamente a técnica da perspectiva aérea e plasma a atmosfera existente entre os corpos mediante o sfumato dos seus contornos que, xunto ao contraste entre a parte iluminada (centro) e a escura (paredes e teito), reforza o sentido da profundidade espacial.
A paleta é dunha gran riqueza cromática, destacando os matices tonais do branco e do negro, e o seu contraste co vermello dos detalles ornamentais dos vestidos.
Velázquez asimilou rapidamente a arte pictórica do pasado, en especial a pintura italiana do Renacemento (Tiziano, Miguel Anxo ...) e o naturalismo de Caravaggio. Tamén aprendeu de grandes mestres contemporáneos como Rubens. En canto ao lenzo das Meninas, tanto a posición en primeiro plano do can, como o recurso do espello no fondo reflectindo aquilo que supostamente non está no espazo pictórico, foron comparados coa obra de Van Eyck, O matrimonio Arnolfini.
Velázquez tamén serviriía de inspiración a artistas posteriores: Manet (quen cualificou ao pintor sevillano como "o pintor dos pintores"); Goya (que se inspiraría nas Meninas para A familia de Carlos IV); Francis Bacon, Picasso ou o Equipo Crónica.
ACTIVIDADES VELÁZQUEZ.
Como se titula o cadro?
Que personaxes aparecen no cadro? Onde está cada un deles?
Paréceche que os personaxes están posando ou cada un está ocupado nos seus propios asuntos?
Cara a onde miran a maioría dos personaxes do cadro? Quen se supón que se encontra nese lugar?
En que metade do cadro se situán os personaxes?
Cal é o personaxe central da composición?
O punto de fuga é cara ao lado ao que van todas as liñas da perspectiva. Onde está?
Que puntos de luz hai no cadro e que zonas permanecen na escuridade? Como se chama está técnica?
Velázquez usa a técnica do sfumato para dar sensación de profundidade. Fíxate nos rostros destes personaxes situados en diferentes planos de profundidade e explica en que consiste a técnica que usa o pintor para remarcar o afastamento.
Cres que as personaxes se retratan de forma realista ou que se idealizan os seus trazos? Explica a túa opinión.
COMIC QUE NOS ACHEGA DESDE UNHA MIRADA DIFERENTE Á OBRA DE VELÁZQUEZ.Gañadora do premio á mellor obra española no Salón Internacional do Cómic de Barcelona no 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario