luns, 4 de febreiro de 2013

Leonardo e o seu "ornitóptero"



Leonardo da Vinci foi un xenio e anticipouse ao seu tempo creando inventos como o "ornitóptero", que, para que vos fagades unha idea era algo semellante a un morcego xigante, que lle permitiría ao ser humano voar. A comezos do século XVI, Leonardo da Vinci deixaba escrito no seu diario que o home, algún día, chegaría a voar. Pero, de onde sacou a idea? Este afán por voar como un paxaro tampouco era nada novo, podemos recordar o mito de Dédalo e Ícaro na mitoloxía clásica. Pero parece ser, que Leonardo comezou a artellar a idea observando o voo dun voitre cando ía de camiño desde Florencia a Fiesole. Desde ese momento, non abandoou a idea de diseñar algo que permitise voar ao home. Leonardo construeu un artiluxio con ás de tea semellantes as dun morcego e chamouno "ornitóptero". Unha vez rematado, el e os seus asistentes trasladaron o artefacto a un monte un día de lixeira brisa. Leonardo non as debía ter todas consigo porque non foi el o que provou o artefacto. Un dos seus asistentes foi o "elexido" e, iso si, despois de voar un anaco, caeu en picado e rompeu unha perna. No seu voo de 19,3 segundos, o ornitóptero percorreu unha distancia de 145 metros, a unha velocidade de 25,6 km/h. E por que este dato? Pois o voo dos irmáns Wright en 1903 durou 12 segundos e percorreu uns 37 metros. Co cal, o ornitóptero non o fixo tan mal.





Leonardo investigou moito e diseñou moitos inventos e artefactos. Escribiu libros de cociña. Fixo tratados de anatomía. Inventos bélicos. Constriu algo semellante a un submarino, a un traxe de buxo, uns flotadores para camiñar sobre auga, unha carruaxe sen cabalos que nos fai pensar no automóbil, paracaídas, ... A maior parte deles, fracasos no seu tempo, pero antecedentes do que se faría moitos séculos despois. Quizais un dos seus maiores fracasos foi o feito de querer desviar o curso do río Arno para unir Florencia co mar e acabou convertendo a cidade nun pantano. Chegou o verán, e con el os mosquitos, e Leonardo acabou provocando unha epidemia de malaria en Florencia.


  Neste vídeo podemos ver algúns dos inventos de Leonardo da Vinci. 



Hai un precioso libro no que podedes ver algúns dos inventos de Leonardo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario